día y hora

miércoles, 22 de enero de 2014

Poemario "Mirafondos": as nubes veñen cargadas de preguntas


         46
Pasan las nubes
y el cielo queda limpio
de toda culpa 

(Mario Benedetti), Inventario tres
-Rincón de Haikus, 1999)





                                                                            (as nubes veñen cargadas de preguntas)

Por qué é tan difícil
                        Amar,
por qué, tan doado
                        Sorrir,
por qué, tan amargo
                        Sofrir,
por qué é tan necesario          
                        Soñar.

(Ría de Ferrol; fotos cedidas por Ernesto Coello Casado, dende as nubes)



viernes, 17 de enero de 2014

Poemario "Mirafondos": "mar ferida"


                                          "mar ferida"

Galopan as ondas
na unánime noite
mentres, no luscofusco
do serán navegan
dúas almas senlleiras
protexidas pola fosforescencia
da beiramar.

As luces suicidas
procúranse mutuamente
nas augas turbulentas
batendo, grave,
cos seus dedos a escuma
na solemne escuridade

jueves, 9 de enero de 2014

Poemario "Mirafondos", (á Radio, con gratitude)

(á Radio, con gratitude)

Acóchome entre sabas
limpas e algodoadas,
namentras emprendo
o entresoño co son
das ondas hertzianas
lambendo a compracente
escuridade.

A Radio
é a miña compañeira;
eu, o seu fiel seareiro
dende que teño xuízo.

Ela apoderouse de  min,
xa hai tempo,
de tal maneira
que, ao final, no limiar
da noite pecha,
acada, vitoriosa,
a miña feble resistencia.


domingo, 5 de enero de 2014

Bos propósitos 2014; publicado no Faro de Vigo, 10 de Xaneiro de 2014

Bos propósitos  2014

Principiamos un novo ano, coma sempre, con bos propósitos, e rematamos, deseguido, cometendo os mesmos excesos ou defectos –segundo se mire-. Somos porfiados e inconstantes por natureza. E o peor de todo é que tentamos contaxiar os nosos efímeros desexos aos demais: A partires do sete de Xaneiro imos ir ao ximnasio tódolos días, e xa verás coma teremos mesmo unha cintura de avespa! O noso amigo aínda continúa facendo pesas e nós tomando uns grolos de cervexa na taberna, enchendo o bandullo.
            Tamén os nosos sobranceiros políticos teñen, ó principio de cada ano, bos propósitos e tentan convencernos facéndonos partícipes das súas falacias: Seremos máis transparentes e non meteremos a man nos caudais públicos! Logo virá a amnesia colectiva.
            Cada comezo de ano acontece igual. É unha teima coma outra calquera.
            No eido da economía e das finanzas tamén temos algún exemplo. Acordádevos do que dixo hai pouco o novo dono das defenestradas Caixas de aforros galegas: “En noventa días daremos solución aos nosos benqueridos preferentistas e subordinados”.
            Non temos remedio e os bos propósitos esváense axiña, sen remedio, coma a brétema no verán.
             Feliz e bos propósitos 2014!


viernes, 20 de diciembre de 2013

Outono nas praias (III): Banda do Río, Pescadoira, Petis, Loureiro

praia da Banda do Río
Na praia, un río
no centro de Bueu,
aí nacín eu,
na Banda do Río...,




Navego senlleiro, silandeiro,
na miña pequena gamela,
Pescadoira, Petis, e Loureiro
Petis
Pescadoira
preto da parroquia de Cela.


Loureiro


domingo, 15 de diciembre de 2013

Outono nas praias (II): Lapamán

Lapamán, unha praia concibida

entre dúas Vilas compartida,

Bueu e Marín, dous pobos do 

Morrazo,

que se dan as mans nun longo abrazo;

e a poucos metros, non che sei 

cantos, xurde un fermoso illote:

Santos.


praia de Lapamán 


sábado, 14 de diciembre de 2013

Outono nas praias, area de Bon e Lagos

Á procura do mar
en Covelo, unha emoción
enxalza o meu espírito
cando vexo as leiras
reverdecidas pola choiva
fresca, escoito os regatos cantareiros
que me levan cara á praia
de area de Bon,

A pouca distancia,
acubillada por piñeiros,
outra praia, de area grosa,
rochas e penedos de granito
durmidos  nun relanzo
de auga salitrosa
emerxe a praia de Lagos
harmoniosa.