No cabodano da súa morte, estos versos tan sentidos:
"...pero mi verso brota de manantial sereno...
Y cuando llegue el día del último viaje, y esté al
partir la nave que nunca ha de tornar,
me encontraréis a bordo ligero de equipaje, casi desnudo,
como los hijos de la mar"
(Antonio Machado, Sevilla 1875, Colliure, 1939)
.....Poeta do mar e dos camiños, buscando sempre o niño da inmortalidade……. (poema da canción do mesmo nome, Milucho).
día y hora
domingo, 23 de febrero de 2014
sábado, 22 de febrero de 2014
Homenaxe a José Emilio Pacheco, poeta
Para un poeta, a mellor homenaxe é citar os seus propios versos. Velaquí un deles,
Meditación del Autobiógrafo
¿Con cuál ficción me quedo para no ver lo que soy?
¿Qué otra mentira invento para justificar mi vacío?
No importan los testigos ni sus reproches:
La falsificación de mi pasado
Me saldrá tan absurda que acabaré por creérmela.
(José Emilio Pacheco, poeta)
Cidade de México, 1939-2014
Meditación del Autobiógrafo
¿Con cuál ficción me quedo para no ver lo que soy?
¿Qué otra mentira invento para justificar mi vacío?
No importan los testigos ni sus reproches:
La falsificación de mi pasado
Me saldrá tan absurda que acabaré por creérmela.
(José Emilio Pacheco, poeta)
Cidade de México, 1939-2014
![]() |
| Julián Schabel, pintor neoexpresionista e director de cine estadounidense de orixe xudeu |
domingo, 16 de febrero de 2014
O "papel" dos nosos Xornais; publicado no Faro de Vigo, 23 de abril do ano 2014
O “PAPEL” DOS NOSOS XORNAIS
Pasou xa algún tempo dende que un teutón de toda a vida como
foi Johannes Gutenberg, aló polo século XV, déralle un pulo definitivo á
imprenta, invento comparado nos fitos da humanidade coa chegada da informática
e mais internet. Dende aquela o papel, incluído o dos nosos xornais, non se
discute: difusores da información e do coñecemento; compañeiro inseparable dos
nosos parroquianos cando lle botan unha ollada ás novas lutuosas e á previsión
do tempo e tamén, de esguello outros, á sección libidinosa de anuncios por
palabras ou tamén chamada “breves” onde, entre outras, algúns anunciantes mesmo
ofrecen ensinanzas completas doutras linguas coma o grego ou o francés.
Coma min,
ben sei que hai algún que outro romántico seareiro do papel dos nosos xornais.
Ademais, non ten efectos secundarios; todo son vantaxes: non consume enerxía
eléctrica, podes levalo debaixo do sobrazo, empaquetar o bocadillo, etc. E
aínda por riba, hai vida despois da súa lectura, quero dicir que tamén ten
outras “utilidades”; e para rematar: non lle facemos mal ao medio ambiente,
porque é biodegradable.
Por todo
isto, eu, dende esta curta sección de opinión –de papel-, deste xornal desexo
que a UNESCO proclame a candidatura do papel dos nosos xornais coma “ben
tanxible” da humanidade, e coma dixo un día o máis grande fabulador que tivo
Galicia, D. Alvaro Cunqueiro: Que dure mil primaveras máis!
sábado, 15 de febrero de 2014
Poemario "Mirafondos": poesía cotidiana
Lumbalgia (poesía
cotidiana)
El día empezaba a resbalar sobre mi frente
mientras los ecos fragmentados de la noche
se iban debilitando,
acuérdate que a las once
tienes cita con el médico,
no me entretengas ahora,
que no puedo doblar la espalda
para atarme los zapatos,
antes todavía podía llegar hasta el suelo,
el borboteo de la cafetera
llegó hasta mis oídos
avivando los olores irrecuperables
y el timbre del teléfono perturbó
mi pacífica condescendencia,
de puertas afuera, en el rellano,
se oían los primeros pasos
arrastrando la pereza laboriosa,
es del despacho, me preguntan,
qué les contesto,
diles que atiendan al requerimiento,
luego les llamo,
y en la calle, la luz del alba se iba encendiendo
poco a poco, lo mismo
que mi dolor acrecentado.
miércoles, 12 de febrero de 2014
PARA QUÉ SIRVE A POESÍA?
Nestes momentos convulsos da nosa historia algúns preguntaranse: para qué sirve a Poesía?
Nada mellor que ler uns versos do poeta Gabriel Celaya (Hernani 1911, Madrid 1991), "La poesía es un arma cargada de futuro", que popularizou aló polos anos sesenta e setenta do século pasado o cantautor Paco Ibáñez no seu concerto no Olympia de París...
...Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.
...Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.
...Maldigo la poesía concebida como un hijo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse...
(Gabriel Celaya, poeta)
Nada mellor que ler uns versos do poeta Gabriel Celaya (Hernani 1911, Madrid 1991), "La poesía es un arma cargada de futuro", que popularizou aló polos anos sesenta e setenta do século pasado o cantautor Paco Ibáñez no seu concerto no Olympia de París...
...Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.
...Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.
...Maldigo la poesía concebida como un hijo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse...
(Gabriel Celaya, poeta)
lunes, 10 de febrero de 2014
TREBOADAS
TREBOADAS
A
cicloxénese explosiva meteorolóxica que estamos a sofrir dende principios de
ano na nosa Terra semella ó campionato da liga nacional de fútbol profesional.
Aínda non rematou unha xornada e xa está aí a seguinte; non hai tregua.
Ondadas sen fin baten unha e outra vez contra o dique do peirao. Unha teimosa
chuvia anega leiras e camiños, e chove sobre mollado. Arroia que da medo!
Tamén no
eido da política temos dende hai tempo unha cicloxénese que lle ronca o nabo,
senón velaquí o que acontece cos problemas que están no poleiro: a corrupción,
as taxas xudiciais, o desemprego, a privatización da sanidade, o proxecto da
lei do aborto, e tantos e tantos asuntos importantes que turran en todos nós
socavando as nosas conciencias.
domingo, 9 de febrero de 2014
Poemario "Mirafondos": amnesia
(Amnesia)
Achego o
carolino de tinto femia
aos meus
beizos fendidos
e unha pinga
trémula esvara
polo queixelo
ata caer
na páxina
dun xornal, enchoupando
a sección de
sucesos;
“Un ferido por arma branca
desángrase ata morrer
ao carón dunhas nasas
amoreadas preto da rampla
do peirao; no peto esquerdo
da súa chaqueta…”
Tento limpar
cun pano de mesa
o recadro da
nova lutuosa
pero non son
quen de adiviñar,
a mancha
tinxida de viño
esborrancha as
palabras;
boto o
derradeiro grolo,
meto a man
na billeteira,
e no reverso
dun billete
de vinte
euros advirto a miña
propia letra
ensanguentada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
