día y hora

martes, 11 de octubre de 2011

artículo de prensa publicado en Atlántico Diario, 2 Octubre 2011

REENCONTRO

Non sei se a vosoutros os pasou algunha vez algo semellante, pero a mín, cando achégase o intre do reencontro veñen a miña memoria moitas lembranzas esquecidas no fol de cando eramos nenos. Quén de nós non experimentou alguna vez estas sensacións.
Veñenme amoreados, as veces de xeito aturullados, pensamentos, imaxes dun tempo que ninguén pode recuperar xa pero sí endexamais debemos esquecer.
Lémbrome de aquel día na festa de Sannamedio ( un amigo meu rebautizouno como aquel Santo que está no medio) en Beluso (Bueu) nunha atracción de feira chamada “os barquillos”, que subían e baixaban a unha velocidade endemoñada, cando o feirante do posto - menudo fillo de p…- díxonos ós meus primos e a min que iamos naquel invento do demo, que nos iba a enviar á lua, empurrando con unha forza sobrehumán aquel aparello. Eu, que non tería mais de sete anos pensei: ¡ Non carallo non, a lua non quero ir que está moi lonxe!. E ocurriu o inevitable. Chimpei de aquel xoguete infernal, con tan mala fortuna que a proa ou a popa ( dende aquel día teño dificultade para situar estes elementos fundamentais da embarcación) esnafrouse coa miña fronte deixando para sempre a sinal imborrable dos vintecatro puntos de sutura que me practicou o médico.
De viaxe ás terras cálidas do sur en procura da miña familia gaditana, e a mais de vinte mil pés de altura, non deixo de imaxinar cómo será este reencontro despois de tantos anos . Sucede cando eramos cativos e agardabamos a chegada dos Reis Magos. Unha sensación de ledicia, desacougo e nervios percorren as nosas veas. É un momento máxico. Se cadra non será como nos esperabamos, pensamos en voz baixa. Dubidamos. As veces penso que ir na procura do teu pasado non é tan doado como parece. “Non deberíamos irrumpir de súpeto nas vidas cotidiáns dos demais, ainda que sexa a nosa propia familia….”. Como acontece no verán, a brétema esvaese axiña. Temos que escoitar sempre ó noso corazón e ir na procura das nosas ilusións por moi lonxe que estean.

No hay comentarios: