día y hora

viernes, 2 de diciembre de 2011

XAROPE DE UVA. SOMOS SOLIDARIOS. 1ª CARREIRA POPULAR, SOLIDARIA E NOCTURNA BEMBRIVE

Grupo Folk Xarope de Uva
                                                       A culpa foi dos megapixeles de M.Olegario(Too Much,  my  friend)
Por fin vai  a chegar o gran día, mañán sábado día 3 de decembro de este funesto ano (este calificativo ten que ver , xa sabedes, coa teima da situación económica, o paro, os mercados, a curmá de risco, os especuladores, ect) o noso grupo Xarope de Uva imos a actuar como artistas invitados na 1ª carreira popular solidaria nocturna  en Bembrive. O de solidaria e fácil entendelo pero o de nocturna xa me costa  un pouquiño :¡ Cómo raio van a mirar os solidarios atletas a pista de atletismo!; ¿quere decir isto que van percorrer as rúas provistos de fachos encendidos coma se fose a antesala das Olimpiadas?, teremos que estar atentos ao desenrolo da competición.  Dito isto, temos que facer algunas consideracións verbo da nosa actuación estelar. Xa coñecedes  o meu interés case enfermizo pola filosofía; pois resulta que un tal Heráclito de  Éfeso (540-480 a.C.)  xa dixo daquela :”Todo fluye”. ¿E isto qué diantre quere decir?. Pois moi simple, ven a ser  que Todo, e cando digo Todo e Todo, todiño, está en movemento e nada dura eternamente. ¡Qué home máis sabio!  Pois o certo é que o noso grupo antes chamábase O Son das Ondas, e por mor de circunstancias que no veñen ao caso, ou sí, según se mire,  e despois do multitudinario éxito acadado no derradeiro concerto  na  A Rúa, provincia de  Ourense ( non é que tocásemos na rúa, que tamén, é que a Rúa de Valdeorras (que non de Petín coma din outros) é un lugar case no fin do mundo donde Xesucristo perdeu as sandalias,  a un chisco da comunidade autónoma de Castela-León, e que tardamos máis de 3 horas en chegar alí e perto de 4 en volver; o motivo de este desaxuste horario ainda hoxe é todo un misterio para min) o  pasado día 30 de Xullo (mesmo nos querían contratar para ir a Eurovisión); pois repito que o noso grupo mudou por un nome  que, de verdade a mín nin me vai nin me ven, pero que democráticamente resultou das urnas dos compoñentes, Xarope de Uva, un antollo coma outro calqueira. Para  min o nome favorito era e segue a ser  PAR DE NÓS,  sempre o sigo decindo de boca para fóra, non vaia a ser que Paula, Lorena, Tania, Manolo, pero sobre todo Pepe o artífice coido do nome de marras se ofendan. Pero así é a democracia. Pois como ía deci,r mañán tocaremos en Bembrive, organizado pola Entidade Menor Local do mesmo nome. Como xa dixen noutro artículo, tamén góstame de botar de cando en vez alguna locución latina porque os avogados somos así, qué lle imos a facer, i en este preciso intre hai que decila sen máis preámbulos: “Alea Jacta es”, o que é o mesmo “ a sorte está botada”, frase que pronunciou un día como outro calqueira aquel emperador romano chamado César. Agardemos que os nosos conveciños de Bembrive teñan a ben amosar un respeto profundo á nosa actuación, como sempre o fixeron  ata o de agora , pois os paisanos de San Blas, que é o patrono de esta fermosa parroquia de Vigo, son moi agradecidos cos músicos i en xeral coa xente da farándula. Somentes para rematar vou mencionar un pequeno incidente diplomático que non chegou a maiores por mor dunha fotografía  do grupo publicada no diario Faro de vigo do día 28 de Novembro. Explícome: nesta foto como veredes “non son todos os que están pero sí son todos os que son”, ou é ao revés, menuda liada teño enriba. Eu estiven a piques de provocar un cisma maior do que fixo a Iglesia nos anos 1378-1417( tamén chamado Cisma de Occidente pois houbo neste tempo dous Papas, o de Roma e máis o de Avignon), e mesmo pensei poñer un título:”esqueceron a Milucho-Sabotaxe malintencionado-exclusión imperdoable-o que se mova na foto non sae-Milucho non existe, etc”,  porque na devandita foto non aparece Milucho por ningures, ou sexa un servidor, ou se aparezo é  en forma de Espírito Santo, cousa que non me fai ningunha gracia,   pois coma xa sabedes  son agnóstico convencido; ¿Convencido de qué?, pois de todo e de nada ao mesmo tempo, porque coma decía Sócrates o filósofo  (470-399 a.C.) o persoaxe máis enigmático de toda a historia da filosofía “Só sei que non sei nada”, e así quedou tan pancho. Deste xeito non tiven máis remedio que facer unha sentada antes do ensaio e reinvidicar a miña proclama: "MILUCHO TAMÉN EXISTE".  O que acontenceu, explicoume Manolo Olegario o alma mater do grupo, foi que  él enviou a fotocomposición ao Faro de Vigo con todos os compoñentes do grupo, nin máis nin menos, pero por mor dunha conspiración xudeo masónica ou vai tí a saber o qué, e tamén por mor dos Megapixeles do carallo (así mo dixo con estas verbas tan rotundas), a foto se descompuxo dando como resultado esta  fotodescomposición, ou sexa, dito en linguaxe para que se entenda, descompúsoxe a foto, desaparecendo misteriosamente Milucho de ésta. Así é a vida mesma, cruel coma ela sola.  O incidente non chegou a maiores coma xa dixen antes, i  en boa armonía fixemos as paces e preparamos no noso estudo de grabación, o concerto para este día tan sinalado. Mesmo tivemos tempo para facer algúns chistes, axudando deste xeito, a disipación do malentendido, igoaliño ca brétema no verán, esvaese axiña, e nós somos homes e tamén mulleres que temos un saber estar e unha dignidade .O que non entendín moi ben foi o que aconteceu  a piques de concluir o ensaio cando a miña querida amiga Lorena, pequena pero moi pavera ela (xa sabedes o que di o dito popular, a muller é coma a sardiña canto máis pequena máis feitiña) dixo aquelo de: ¿Déixasme proba-lo teu clarinete?, eu díxenlle, Tí mesma, e despois dun rato soltoume a frase que me deixou descolocado, e mesmo estiven toda a noite rosmando nela : O teu clarinete é maís duro co de Carlos. Unha de duas:  ou eu son moi corto, que tamén pode ser, ou esto último non o entendín, preguntareille mañán antes do concerto.
A reivindicación de Milucho
Concerto Xarope de uva-Bembrive, 3 decembro 2011 />

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Poldo Mosquera, meu amigo, meu cuñado e home que leva o mar nas súas veas

Poldo e a súa dona Mela, unha máquina da costura, e millor persoa.

Xa mo dixo a miña muller e tamén cuñada de Poldo: Mira que adicarlle unha entrada no teu blog a Javier Amigo, o teu amigo, e non facelo co teu cuñado Poldi, non tes perdón de Deus e ademáis, non ves que se pode mosquear (non o sei se o dixo tendo en conta o seu primeiro apelido), Non ves que  mesmo podes crear un conflicto diplomático, Mira, díxenlle,  o que non pretendo de ningún xeito é crear ninguna liorta e menos diplomática, eu son ante todo garantista do dereito internacional e ademais persona de boa fe, tí sabes que os bos viños, e non me refiro aos de andares por casa, teñen que permanecer un tempo na pipa de carballo, non americano senón do país, para que adquiran esa categoría de excelencia vitivinícola que só os bos caldos teñen, poño por caso o Vega Sicilia, o Protos  Gran Reserva, agás do albariño carabuxeiras de meu amigo Manolo Lemos, xa sabedes, o sabio da fraga, o home que susurraba aos carballos. O mismiño que os meus ensaios, artigos e Miluchadas filosóficas. Por eso, este artigo está adicado ao meu amigo e cuñado Poldo. Non podía ser doutro xeito, estivo un tempo, nin moito nin pouco, “sino todo lo contrario”, nunha pipa (barrica) de carballo especial importado expresamente dende as fragas de Hermelo en Bueu, no Morrazo Oriental. Poldo ou Poldi, tanto ten, o meu amigo e cuñado, é un home que xa algúns  o calificaron como  POLDIFACÉTICO (qué acertado calificativo); tanto está pescando chocos no peirao do Berbés (ten máis de 50 canas de pescar e perto de 200 poteiras, non é broma, eu vinnas), como collendo cogumelos no monte, coma tocando a guitarra e cantando unha foliada, como arranxando un reloxo de pulseira marca CITI-QUÉN, coma  podando con moito coidado un bonsái, como participando activamente en calquer evento musical. Sen a súa presencia festas coma a de San Blas en Bembrive non terían ningún sentido: ¡A cabeza non para!, ese é un dos seus lemas preferidos, pero ten outros , xa veredes. Outra da súa faceta é ser LARPEIRO por natureza, tanto lle da un caldo de galiña ben quente coma marisco de cortello (ou sexa cocido), coma marisco de verdade, e aquí é un auténtico  catedrático de moito coidado. Debido a súa ascendencia mariñeira- naceu no barrio mariñeiro de Poboadores,( a cuna da canción de Taberna)-quedoulle un estigma de por vida que fixo posible a súa formación musical e mesmo gastronómica. É todo un experto en centola da ría, camaróns e nécoras, e rilla neles coma se estivese saboreando pipas facundo, é unha máquina de degustar marisco. Pero sen dúbida, a característica máis importante, temos que decilo, é que sen Poldo non hai festa posible, e con él temos festa rachada garantizada seguro (coma os fondos de inversión dos de antes). Por iso o seu lema favorito, que é ao mesmo tempo a súa filosofía de vida ven decindo:” Eu cando pesco canto, e cando canto procuro pescar”. Estas verbas tan sabias somentes poden saír  dun home que leva o mar nas súas veas. Poldo, meu amigo e tamén cuñado.

MILUCHADAS FILOSOFICAS. Ónde está o recibo de autónomos.


Como xa sabedes dentro de estas Miluchadas  amoso as miñas inquedanzas e desacougos verbo de  aconteceres e anécdotas que me suceden tanto a mín coma aos meus amigos. Onte día 29 de novembro fun a visitar a un bo amigo e millor xurista, Alejandro. Adoito a facelo de cando en vez cando permíteo o seu traballo, porque este amigo é avogado e ten unha chea de choio enriba da mesa do despacho que quita o sentido, mesmo díxome que lle acababa de cair un expediente do turno de oficio de máis de 2.000 folios, que se di pronto. Mimadriña, penseu eu, Isto non é nada contestoume con esa faciana tranquila que só teñen os homes con serenidade de esprito froito de librar maís de mil batallas xurídicas nos xulgados, Non será para tí pero a mín paréceme unha barbaridade xurídica, e lembreime nese intre do mito de Sísifo, non sei moi ben por qué. O caso é que estivemos  a conversar de todo e de nada ao mesmo tempo, porque os avogados somos así, e contoume unha anécdota-según se mire-que me deixou coa boca aberta. Escarreiráronlle ou perdéronlle, se queredes entedelo millor, o derradeiro recibo de autónomos, Que me dis, Así coma estar a oir, Non pode ser, Pois sí, díxome con una aceno de solemnidade, Cómo, pregunteille; e díxome que foi á  entidade xestora da seguridade social a ver qué foi do seu recibo de autónomos, non aparecía por ningures. A funcionaria díxolle: Pode ser que nós teñamos parte de culpa, pero tamén pode ser que daquela sexa tamén do Banco, porque caixas de aforros xa sabemos que non hai, Pero cómo pode ser, implorou o meu amigo avogado, Pois moi simple, verá, Será para vostede porque o que son eu non o entendo, cómo raio pode ser que se perda así coma así o devandito recibo de autónomos, Vostede  tivo  conta corrente ou cartilla  na Caixa de aforros algunha vez, E iso qué ten que ver, Pois moito, Muller non me amole, lémbrome que cando era neno meus avós abríronme unha cartilla infantil de aforros para cando fora maior e poder así mercar un pouco de felicidade, Pois ahí está o problema ou a solución según se mire, Me quere decir  que meu recibo de autónomos está en esa cartilla infantil de aforros que  os meus avós con tanto sacrificio me fixeron cando eu era neno, Non quixen decir tal cousa, pois explíquese “ab initio”; Nós tiñamos un convenio regulador coa Caixa de aforros i ésta era a encargada de xestionar  tódolos recibo, mesmo os de autónomos, o que pasa é que as caixas de aforros convertíronse en bancos e por mor de ese troco xurídico legal, e tamén coa contribución inestimable dos mercados e os politicos o seu recibo debe estar nestes intres en Picasa. Lembreime que Javier Amigo, o meu amigo, mestre e adestrador de blogs me contara o que era Picasa, un mundo virtual onde pode estar dende unha fotografía ata mesmo un recibo de autónomos; tamén pensei en Matrix, o Oráculo de Delfos e máis en Ulises que por mor da xenreira dos deuses gregos, estivo toda unha vida en procura da súa illa Ítaca. Pero entón qué  fago, Tes que baixar o recibo ao teu blog, Non teño blog, Pois terás que abrilo, se non sabes pregúntalle a Milucho, E qué pasa co recargo por mora, Ah!, iso xa non o sei, terás que preguntar no departamento de obxetos esquecidos de Picasa que para tal fin  temos a disposición dos interesados na pranta baixa, según entras á man esquerda. E a funcionaria rematou con unha locución latina que deixou atónito ao meu amigo Alejandro ¡alea jacta es”, ou tamén “a sorte está botada”. Nese intre Alejandro decatouse que a funcionaria era tamén avogada. Entón meu amigo resignado espetou a seguinte locución latina, porque  él non ía ser menos: “Credo quia absurdum”, o que tamén quere dicir “ creo porque é absurdo”, frase que Tertuliano dixo para indicar que a fé consiste en creer  o que a razón non pode explicar.Pax vobiscum.
Nota do Autor: Tertuliano, ou sexa Quinto Septimio Florente Tertuliano (160-220 a.C.) foi, entre outras cousas, un destacado avogado na Roma de aquel entonces.

martes, 29 de noviembre de 2011

Javier Amigo, o meu amigo, mestre e adestrador de bloggs

Amigo, o meu amigo
Isto de ter un blog é máis entretido que facer Sudokus. Estou de feito “enganchado”, e a culpa a ten, entre outros, o meu amigo Javier Amigo. Isto non é un trabalinguas, é que Amigo é o meu amigo, ademais de me tocar pola tanxente do parentesco familiar por afinidade colateral pola parte da miña muller, pois a miña dona e a muller de Amigo, meu amigo, son curmás, que non ten nada que ver coas curmás de risco, pois isto é outra historia. Chameino e ¡Zas! chegou voando coma un lóstrego dende a sua City financeira de Londres, a cidade do Big Ben porque Amigo, o meu amigo parental por afinidade colateral, traballa en esa gran urbe, no mundo das altas finanzas no World Center onde se moven os fíos da economía de todos nós. Como xa estades vendo na foto, chegou no seu propio helicóptero da flota “Cabral Airlines”, e mesmo fixo un aterraxe modélico no cumio dun souto próximo, deixando abraiados a todo-los que presenciamos esta impecable destreza de experimentado piloto. Chimpou do helicóptero coma Jhon Wayne do seu cabalo, con esa axilidade súa característica, porque Javier Amigo, o meu amigo, é moi deportista. Despóis de saudarnos coma dous amigos parentais colaterais que somos díxome, Milucho imos dar conta das túas dúbidas e inquedanzas sen máis preámbulo, Eu díxenlle OK  my friend. E aquí escomenzóu a liada para min, claro. Artellamos unha mesa ao pe do helicóptero e desenfundamos os nosos aperos de traballo: os portátiles.Eu estaba canso, xa sabedes, o bacalhau de Portugal, o sendeirismo co meu amigo Manolo o sabio da fraga, a procura do utilitario e os devaneos co mundo e submundo do automóvil. Pero precisaba unhas respostas técnicas axeitadas e consistentes que deran fin a miña desazón e inquedanza blogueira. Explicoume todo, todiño, con puntos e comas: como erguer videos a Youtube, como baixalos ao meu blog, os millores xeitos de facer fotografías, para que serve Picasa, un mundo virtual donde ti podes meter incluso a túa propia existencia, etc. Quedei abraiado ao escoitar tantos termos técnicos;.baixamos unha morea de programas, eso sí de balde, porque as cousas non están como para botar foguetes: o Mac, o Ares, o Windows movie maker 2.6. Qué sei eu. Non minto se vos digo que perdinlle a pista maís dunha vez. Eu notaba a Amigo, meu amigo parental colateral por afinidade, un pouco nervioso despois de 2 horas de clase maxistral, Qué che pasa Amigo, estanme a chamar ao móbil dixo, Contesta díxenlle, Non me da a gana-por non dicir non me sae do carallo-, é a teutona da Angela Merkel que me está a amolar con un informe que lle deixei enriba do seu despacho relativo aos bonos europeos, É millor que contestes, non vaia ser que se anoxe de verdade e poña a todo o Vello Continente a cair dun burro. Fíxome caso, chimpou de novo ao seu helicóptero coma un felino chimpa a parede dunha casa e démonos unha aperta efusivamente. Xa enriba do aparello voador e antes de despegar díxome: Milucho, se tes alguna dificultade para facer filigranas no teu blog, porque literatura xa tes dabondo, non dubides en chamarme, eu estarei sempre contigo. Oes, igualiño co hinmo do equipo de fútbol Manchester United: There’s only one united, camiñemos xuntos, que por certo é o equipo favorito de Javier Amigo, o meu amigo. Recoñezo que estiven a piques de bagoar e pensei en voz alta: este sí que é un amigo, meu amigo, Javier Amigo.

Manolo Lemos precisa con urxencia un automóbil

Estou desbordado, non dou abasto. Onte domingo 27 de novembro xa sabedes que fun a facer sendeirismo polos roteiros do Morrazo có meu amigo Manolo Lemos de Moaña, "o sabio da fraga, o home que susurraba aos carballos". Esquecín dercirvos que, durante a ruta, agás de falar largo e tendido de temas ético-económico-filosóficos, tamén dou tempo para tocar o chan telúrico-esta verba encántame e coido que Pablo Neruda o poeta fai moito uso dela- e adicar un ratiño a un problema  práctico porque, tamén o meu amigo, ademais de sabio é human, e contoume que o seu automóbil-él chámalle utilitario, Qué acertado adxetivo- despois de 10 anos está a piques de cascar, así mo dixo con estas verbas tan sorprendenetes coma rotundas; o seu utilitario non daba pra máis i era perentorio atopar un, novo-usado, ou usado-novo, iso da igoal, no prazo máis breve posible, porque calquer día de estes podemos ver á noso sabio filósofo facendo autostop polo Corredor do Morrazo. E non queremos que iso suceda de ningún xeito.
Día 28 de novembro.- Pola mañán cedo agardábame Manolo  e fumos có seu, ainda moribundo utilitario, a percorrer algúns concesionarios na procura de "el Dorado" do automóbil. O sabio quería un con categoría 4B, o que é o mesmo, Bo, Bonito, Barato e Bendecido. Ardua laboura dixen eu, Xa mirarás coma algo atoparemos díxome o Sabio facendo gala da súa entereza diplomática. Eu xa lle dixen que íamola liar, que estos aparellos con catro rodas son máis complicados do que parece e que hai todo un mundo e ata un submundo descoñecido para nós. Ó final do percorrido e despois de atoarse os nosos miolos con tanto dato técnico: Que si EPS, que si ESP, que si aire acondicionado bi-zona, que si ordenador da a bordo, que si limpaparabrisas intelixente, etc, manifestamos a nosa ignorancia  e precisamos a axuda , non de un SABELOTODO, senón de un entendido na materia. Eu xa lle dixen ao meu amigo, Tí o que queres non será un avión verdade, Él sabedor da miña vea retranqueira espetoume, Ti deixame a min, Xa non dixen nin pío. Asunto pechado. Eu xa non sei si chegamos a mirar 10 ou máis uitilitarios: un Audi A4 León, un Toyota Passat ou un Seat Illa de Ons, que se non existe ao millor haberá que inventalo. Quedamos pois de depurar a abundante información recibida e tomar un decisión sabia nos vindeiros días, tendo en conta que o noso amigo precisa con urxencia perentoria un utilitario, coma él sabiamente lle chama. 

lunes, 28 de noviembre de 2011

Manolo Lemos. O sabio da fraga. O home que susurraba aos carballos.


a fraga do morrazo

o sabio coa súa teima

 o fin do camiño

Despois do que aconteceu no día de onte cando fixemos unha incursión pacífica ao país irmán Portugal, visitando Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho, e xantar un saboroso bacalhau á brassa, compre facer hoxe domingo unha cura de desintoxicación. Temos que  facer coma as cabras, tirar cara o monte. E qué millor que contar coa experiencia e a sabedoría dun home feito a se mesmo,
coñecedor do máis mínimo recuncho da fraga, dotado con un GPS intelixente que xa quixeran os científicos da Nasa, capaz de, cos ollos pechados, guiarnos por esas  corredoiras e vieiros impenetrables. Partimos cedo dende O Piñeiro en Moaña para atravesar os montes do Morrazo e chegar a unha aldea pequena e fermosa que se chama Pastoriza nos lindeiros de Marín. Recoñezo que a primeira vez que fun invitado por este sabio da natureza para compartir sendeirismo polos roteiros do Morrazo non daba creto ao que acontecía, Non pode ser que estando en Moaña hai un chisco  esteamos de súpeto en  Coiro, Cangas, Hermelo, Cela, Bueu ata chegar a Pastoriza en  Marín dun xeito case máxico, pensaba, Pois sí, decíame él , porque os camiños da fraga son inescrutables e sempre temos que escoitar o que nos di a cada paso as árbores, os piñeiros, nogueiras pero sobor de todo aos carballos. Eu quedo coma un parvo escoitando a este  sabio filósofo que mesmo fálache dos mercados coma dos sicarios dun xeito doado, é coma ter unha clase particular na ágora da fraga, o seu mundo. Como di Bob Dylan na súa célebre canción Blowing int the wind, “a resposta témola no vento”.

domingo, 27 de noviembre de 2011

MENOS MAL QUE NOS QUEDA PORTUGAL

(Sábado, 26 de novembro 2011)

Hoxe imos cruza-la  "raia” para pasar o  día no país irmán, Portugal; Lusitania provincia romáa alá no século II a.c.;  a terra de  Luís de Camôes,  Pessoa ,  de Saramago e tamén de  Cristiano Ronaldo . Coma quen di Portugal está a tiro de pedra. O noso destino é una fermosa vila que se chama Vila Nova de Cerveira a pouco máis de media hora de Vigo. O día preséntase cun ceo limpo e  unha temperatura morna; é finales de novembro pero o sol quenta  docemente.  En Vila Nova de Cerveira  hai feira tódolos sábados pola mañán e podes atopar dende un limoeiro ata unha camisa lacoste. Isto de ir á Feira é unha desculpa  coma outra calqueira; o que verdadeiramente imos facer  é comer  bacalhau (nome científico Gadus morhua, linnaeus 1758).¡ Cómo preparan o bacalhau este amigos portugueses......qué arte! Con esas lascas tan branquiñas, a cebola que non pica e tamén os cachelos, todo isto con unha fartura pantagruénica. Sentados na mesa do restaurante damos boa conta das viandas e o viño que nos puxeron.¡ Mira que eu teño  bo dente!, pero  Poldi e Amigo non quedan  atrás, revíranselle os ollos ao  ver as dúas fontes de bacalhau grelhado  enriba da mesa. O caso de Amigo é un tema aparte, mira que rilla no pan, mesmo semella o fillo dun padeiro . Despois de toma-lo café e xa que a noite non tardará en chegar, viramos cara á Vigo, pero antes facemos unha paradiña  obrigatoria na pequena vila de Valença do Minho , visitando a súa Fortaleza  e percorrer as súas rúas empedradas, visitando as  moitas tendas  que alí hai. Imos a Vigo con unha sensación de ledicia lembrando que, a pesares da curmá de risco, a inflación, a débeda soberana, as liortas políticas e os teimudos mercados, sempre poderemos dicir a bocas  cheas: ¡MENOS MAL QUE NOS QUEDA…….O  BACALHAU DE PORTUGAL!
O bacalhau

Os larpeiros

Os feirantes

O corte inglés da Fortaleza