día y hora

martes, 29 de diciembre de 2015

"Mareas vivas", publicado no Faro de Vigo, 28-12-2015

Mareas vivas

Definitivamente estas mareas vivas, que algúns non foron quenes de predecila, asolagaron as parroquias e vilas do noso País, poñendo patas arriba o litoral político que, ata o de agora, críamos inalterable.
Moitos fixeron coma quen ouve chover, e pensaban que só habería unha pequena e efímera alerta amarela sen importancia. Pero, dende que esta teimuda crise económica empezou a bater, con inusitada saña, o epicentro das conciencias dos máis desfavorecidos, medrou, pouco a pouco, aló das illas, unha onda que, igual que cando guindamos un pequeno seixo na auga, foi expandíndose en círculos concéntricos ata formar estas mareas vivas que se foron retroalimentando ao longo do tempo. Que pensabamos? Que todo ía quedar igual?

Estas mareas vivas foron a consecuencia lóxica e inevitable de tanto esquecemento e padecemento sufrido por moitos nesta “longa noite de pedra” política, económica e social. Quizáis este sexa o principio dun novo ciclo nas nosas vidas, onde haberá, ogallá, non unha, senón “mil primaveras máis”. Bo Nadal.

viernes, 30 de enero de 2015

Utópica singladura...

Esta dorna, a partir de ahora, seguirá navegando sola por el ciberespacio, con piloto automático, esperando que algún día llegue a su destino...


Yo no soy nadie,
tan solo una gota de agua
en medio de una nube
sin memoria
que se evapora
cuando llega a la frontera
de tus         sueños…




..."No sé por qué se escribe, pero no se escribe para estar seguros. Se escribe, entre otras cosas, para poner un pie en la espesura que brama al otro lado del espejo".
(Leila Guerriero, de su artículo 'Tigres', contraportada del diario El País, 14-05-2014)

viernes, 26 de diciembre de 2014

O bo, o feo e o malo



O bo, o feo e o malo

Sentado nun banco da alameda da miña parroquia e parodiando o título do ‘spaghetti-western’ de Sergio Leone, non quixera despedirme deste funesto ano 2014 sen dedicarlle unhas breves liñas aos protagonistas principais. En primeiro lugar temos ao malo ou malos da película: aos bancos –tamén chamados entidades financieiras- que un ano máis aplican teimudamente e sen compaixón desafiuzamentos, cláusulas e comisións abusivas aos seus clientes; o máis ruín de todos é o denominado ‘banco malo’; si, aquel invento de activos inmobiliarios propiciado e bendecido polo noso Goberno que se dedica, entre outras cousas, a vender a ‘fondos buitres’ aquelas vivendas que agora alugan en condicións leoninas aos seus antigos donos. Tamén a todas aquelas persoas corruptas que despois de sentarse no banco dos acusados entraron ou están a piques de entrar, por fin, no caldeiro.
O bo desta película non é para un banco convencional senón para un máis humano, o ‘banco de alimentos’ que fai o que o noso Goberno debería, dar comida precisamente aos máis vulnerables e tamén un pouco de dignidade e comprensión nestes intres de crise económica. Tamén quero subliñar a outro banco bo, ‘o de sangue’, que insufla vida nas nosas veas cando máis a necesitamos, para que despois lla doemos –vía impostos- aos bancos malos da película.
Síntoo, pero o feo tócalle este ano a un que está sentado precisamente nun banco ou bancada azul do noso Goberno. Cadaquén pode pensar o que queira. Eu teño a miña propia opinión ao respecto.
Agardemos que o vindeiro ano nos depare mellores oportunidades. Tras da néboa vén o sol. Bo Nadal e Felices Festas!

jueves, 18 de diciembre de 2014

'Afumados' na cafetería; publicado no Faro de Vigo o día 22 de Nadal de 2014

Afumados na cafetería

A popular lei ‘antitabaco’ di, entre outras cousas, que non se debe botar nin medio pito nun establecemento público como unha cafetería ou tasca, por exemplo. E o que queira fumar que vaia fóra, como ten que ser. Será porque xa pasou o efecto da anestesia legal ou porque a xente está máis relaxada que despois de catro anos da entrada en vigor da lei de marras algúns fumadores, sobre todo cando hai partidos de fútbol televisados, deixan a porta a medio entornar ou franqueada de todo sen mais e agardan nesa indefinición espazo-temporal co vaso de viño nas súas mans os noventa minutos regulamentarios botando fume coma chemineas, e claro, por mor do efecto da física cuántica esa emisión tóxica de substancias divididas en partículas de alquitrán, nicotina e monóxido de carbono ven de fóra para dentro penetrando en directo e tamén en diferido nos pulmóns e sistema respiratorio, acadando ao fin o noso miolo. Entre o cheiro a fritanga e o fume  inducido do tabaco semella que hai neboeira en todo o perímetro do bar, e a roupa fede  que alcatrea, e temos que lavar a miúdo ata os calzóns, aínda que esto último sería recomendable facelo tódolos días, non por hixiene persoal senón por razóns de saúde pública elemental en beneficio da comunidade.

Se cadra, a solución pasaría por pechar a porta como Deus manda ou, seica, darlle unha escafandra hermética, coma as dos astronautas, a cada fumador. 

jueves, 4 de diciembre de 2014

El fútbol por bandera; publicado por Faro de Vigo el 5-12-2014

El fútbol  por bandera


Los tristes acontecimientos vividos el pasado domingo durante los prolegómenos del partido de fútbol entre hinchas radicales del Atlético de Madrid y del Deportivo de la Coruña nos debe invitar a la reflexión. La violencia gratuita en el mundo del fútbol se ha tratado con demasiada ligereza y se ha hecho la vista gorda durante mucho tiempo. Con el pretexto de que es un deporte de masas y que mueve cientos de millones de euros, los responsables federativos se olvidan de que el fútbol es un espectáculo patrimonio de todos los aficionados. Determinados dirigentes de clubes, además, han pretendido transmitir interesadamente a sus socios la idea de ser portadores de una bandera excluyente sin importarles las consecuencias de sus desafortunadas declaraciones. Con esta actitud irresponsable han alimentado, tolerado y justificado la actuación esquizofrénica de grupos de radicales, dentro y fuera del terreno de juego. Decir que lo ocurrido a orillas del Manzanares sólo ha sido el calentón de un grupo de delincuentes que buscaban pelea es tener una visión miope y cortoplacista del verdadero problema que subyace en el inframundo del fútbol. Mirar para otro lado no es la solución.

viernes, 21 de noviembre de 2014

Que volva o 'calvo' da lotería; publicado no Faro de Vigo, 24 de Novembro de 2014

Que volva o 'calvo' da lotería

Xa está ben de tanta chacota e retranca co gallo do anuncio publicitario da lotería de Nadal. Non foi suficiente co esperpento de ver e escoitar o ano pasado a unha decrépita Montserrat Caballé e  tamén ao Raphael que aínda por riba temos que aguantar este ano unha enchente de parodias e caralladas nas redes sociais, caricaturas e debuxos (incluido o do noso Davila de Bueu no Faro de Vigo).
E todo por culpa do noso Goberno, porque non foi quen de facerlle –coma fixo daquela o Partido Popular con Bárcenas- un contrato simulado e diferido como Deus manda ao noso benquerido calviño. Co bonito que era aquel Nadal, coas súas luces nas rúas, a súa música apegadiza, a árbore, a volta a casa do turrón, etc. Polo menos o anuncio da lotería do calvo, o que foi durante moitos anos símbolo inequívoco do Nadal, tiña máis maxia, era crible aínda que xamais nos tocara a vostede nin a min a pedrea. Pero, quén carallo é o parvo que lle garda un décimo de lotería (que ao final, disque, foi premiado) a un malpocado coma o home do anuncio de marras que non foi quen de compralo? Esta trola non a cre nin un neno da teta!; é como dicir que a reforma laboral do 2012 foi un agasallo para os traballadores, e que ía solucionar o desemprego, a pobreza enerxética e mais a fame que están a padecer moitas familias no noso país.

Por favor, que volva o calvo da lotería para quedarse, polo menos, mil primaveras máis. Imos ser igual de pobres, pero con clase.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Laika, unha cadeliña moi especial

Sabiamos que podería acontecer en calquera momento, pero penso que algúns xamais estamos preparados para afrontar con serenidade unha ausencia coma esta.
Enrodelada no seu canastro de tea branda pasaba, resignada, as horas vagarosas da mañá, e cando chegabamos á casa sempre recibíache cun meneo compulsivo do seu pequeno rabo, choutando arredor de nós, lambéndote as mans procurando a túa complicidade, sempre agradecida. Á nosa beira percorría os sendeiros e camiños, e adoitaba seguir submisa as pegadas vacilantes polas beirarrúas da cidade. Ás veces semellaba querer falar, e escudriñaba os teus pensamentos cunha ollada indescifrable. No automóbil era coma un proel, ergueita a súa cabeciña e atenta ante calquera circunstancia que poidera acontencer na viaxe.
Nos últimos tempos foise apagando pouco a pouco, coma a lapa dunha vela que se vai consumindo. Finou con dignidade, seino ben. No patio do edificio un can deu dous ladridos a modo de despedida e despois enmudeceu.
A pesar dos seus dezaseis anos cumpridos xa era velliña de máis, tempo dabondo para collerlle cariño e sentir nestes intres, agora que xa non está, un gran vacío e desacougo.
Chamábase Laika (Laikiña), coma aquel primeiro ser vivo en orbitar a Terra.
Era tan só unha cadeliña negra e palleira sen pedigree, pero para nós sempre será moi especial.

Dentro do meu poemario "Vagantío" adiqueille no seu día este poema...


NON TEN PEDIGREE... 


Ensarillada no seu rolo de tea branda

adoita ter a mesma expresión na súa faciana.

Sempre con ese aceno imperturbable

froito, se cadra, da súa vida resignada.

Non ten pedigree que se saiba,

nin  lembranzas da súa nenez,

afeita a seguir submisa dende sempre

as pegadas vacilantes.

Ás veces semella querer falar,

e enxerga os teus pensamentos

cunha ollada indescifrable.

Pero deseguida entra en transo,

como nun soño de fondo catarse,

devecendo e "rallentando"

o seu respiro.



Nota: Tamén Laika foi protagonista dun artigo meu: "Échame a mí la culpa" (derradeiro párrafo), publicado no Faro de Vigo o 15-05-2012 e incluido no meu libro "Mis cartas al director":
"...Y yo también le echo la culpa a mi perra palleira Laika que el otro día, en un arrebato de indolencia canina, meó en la alfombra del comedor, esparciendo sus miserias en señal de protesta por no haberle prestado la atención que verdaderamente se merece".