día y hora

viernes, 26 de diciembre de 2014

O bo, o feo e o malo



O bo, o feo e o malo

Sentado nun banco da alameda da miña parroquia e parodiando o título do ‘spaghetti-western’ de Sergio Leone, non quixera despedirme deste funesto ano 2014 sen dedicarlle unhas breves liñas aos protagonistas principais. En primeiro lugar temos ao malo ou malos da película: aos bancos –tamén chamados entidades financieiras- que un ano máis aplican teimudamente e sen compaixón desafiuzamentos, cláusulas e comisións abusivas aos seus clientes; o máis ruín de todos é o denominado ‘banco malo’; si, aquel invento de activos inmobiliarios propiciado e bendecido polo noso Goberno que se dedica, entre outras cousas, a vender a ‘fondos buitres’ aquelas vivendas que agora alugan en condicións leoninas aos seus antigos donos. Tamén a todas aquelas persoas corruptas que despois de sentarse no banco dos acusados entraron ou están a piques de entrar, por fin, no caldeiro.
O bo desta película non é para un banco convencional senón para un máis humano, o ‘banco de alimentos’ que fai o que o noso Goberno debería, dar comida precisamente aos máis vulnerables e tamén un pouco de dignidade e comprensión nestes intres de crise económica. Tamén quero subliñar a outro banco bo, ‘o de sangue’, que insufla vida nas nosas veas cando máis a necesitamos, para que despois lla doemos –vía impostos- aos bancos malos da película.
Síntoo, pero o feo tócalle este ano a un que está sentado precisamente nun banco ou bancada azul do noso Goberno. Cadaquén pode pensar o que queira. Eu teño a miña propia opinión ao respecto.
Agardemos que o vindeiro ano nos depare mellores oportunidades. Tras da néboa vén o sol. Bo Nadal e Felices Festas!

jueves, 18 de diciembre de 2014

'Afumados' na cafetería; publicado no Faro de Vigo o día 22 de Nadal de 2014

Afumados na cafetería

A popular lei ‘antitabaco’ di, entre outras cousas, que non se debe botar nin medio pito nun establecemento público como unha cafetería ou tasca, por exemplo. E o que queira fumar que vaia fóra, como ten que ser. Será porque xa pasou o efecto da anestesia legal ou porque a xente está máis relaxada que despois de catro anos da entrada en vigor da lei de marras algúns fumadores, sobre todo cando hai partidos de fútbol televisados, deixan a porta a medio entornar ou franqueada de todo sen mais e agardan nesa indefinición espazo-temporal co vaso de viño nas súas mans os noventa minutos regulamentarios botando fume coma chemineas, e claro, por mor do efecto da física cuántica esa emisión tóxica de substancias divididas en partículas de alquitrán, nicotina e monóxido de carbono ven de fóra para dentro penetrando en directo e tamén en diferido nos pulmóns e sistema respiratorio, acadando ao fin o noso miolo. Entre o cheiro a fritanga e o fume  inducido do tabaco semella que hai neboeira en todo o perímetro do bar, e a roupa fede  que alcatrea, e temos que lavar a miúdo ata os calzóns, aínda que esto último sería recomendable facelo tódolos días, non por hixiene persoal senón por razóns de saúde pública elemental en beneficio da comunidade.

Se cadra, a solución pasaría por pechar a porta como Deus manda ou, seica, darlle unha escafandra hermética, coma as dos astronautas, a cada fumador. 

jueves, 4 de diciembre de 2014

El fútbol por bandera; publicado por Faro de Vigo el 5-12-2014

El fútbol  por bandera


Los tristes acontecimientos vividos el pasado domingo durante los prolegómenos del partido de fútbol entre hinchas radicales del Atlético de Madrid y del Deportivo de la Coruña nos debe invitar a la reflexión. La violencia gratuita en el mundo del fútbol se ha tratado con demasiada ligereza y se ha hecho la vista gorda durante mucho tiempo. Con el pretexto de que es un deporte de masas y que mueve cientos de millones de euros, los responsables federativos se olvidan de que el fútbol es un espectáculo patrimonio de todos los aficionados. Determinados dirigentes de clubes, además, han pretendido transmitir interesadamente a sus socios la idea de ser portadores de una bandera excluyente sin importarles las consecuencias de sus desafortunadas declaraciones. Con esta actitud irresponsable han alimentado, tolerado y justificado la actuación esquizofrénica de grupos de radicales, dentro y fuera del terreno de juego. Decir que lo ocurrido a orillas del Manzanares sólo ha sido el calentón de un grupo de delincuentes que buscaban pelea es tener una visión miope y cortoplacista del verdadero problema que subyace en el inframundo del fútbol. Mirar para otro lado no es la solución.

viernes, 21 de noviembre de 2014

Que volva o 'calvo' da lotería; publicado no Faro de Vigo, 24 de Novembro de 2014

Que volva o 'calvo' da lotería

Xa está ben de tanta chacota e retranca co gallo do anuncio publicitario da lotería de Nadal. Non foi suficiente co esperpento de ver e escoitar o ano pasado a unha decrépita Montserrat Caballé e  tamén ao Raphael que aínda por riba temos que aguantar este ano unha enchente de parodias e caralladas nas redes sociais, caricaturas e debuxos (incluido o do noso Davila de Bueu no Faro de Vigo).
E todo por culpa do noso Goberno, porque non foi quen de facerlle –coma fixo daquela o Partido Popular con Bárcenas- un contrato simulado e diferido como Deus manda ao noso benquerido calviño. Co bonito que era aquel Nadal, coas súas luces nas rúas, a súa música apegadiza, a árbore, a volta a casa do turrón, etc. Polo menos o anuncio da lotería do calvo, o que foi durante moitos anos símbolo inequívoco do Nadal, tiña máis maxia, era crible aínda que xamais nos tocara a vostede nin a min a pedrea. Pero, quén carallo é o parvo que lle garda un décimo de lotería (que ao final, disque, foi premiado) a un malpocado coma o home do anuncio de marras que non foi quen de compralo? Esta trola non a cre nin un neno da teta!; é como dicir que a reforma laboral do 2012 foi un agasallo para os traballadores, e que ía solucionar o desemprego, a pobreza enerxética e mais a fame que están a padecer moitas familias no noso país.

Por favor, que volva o calvo da lotería para quedarse, polo menos, mil primaveras máis. Imos ser igual de pobres, pero con clase.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Laika, unha cadeliña moi especial

Sabiamos que podería acontecer en calquera momento, pero penso que algúns xamais estamos preparados para afrontar con serenidade unha ausencia coma esta.
Enrodelada no seu canastro de tea branda pasaba, resignada, as horas vagarosas da mañá, e cando chegabamos á casa sempre recibíache cun meneo compulsivo do seu pequeno rabo, choutando arredor de nós, lambéndote as mans procurando a túa complicidade, sempre agradecida. Á nosa beira percorría os sendeiros e camiños, e adoitaba seguir submisa as pegadas vacilantes polas beirarrúas da cidade. Ás veces semellaba querer falar, e escudriñaba os teus pensamentos cunha ollada indescifrable. No automóbil era coma un proel, ergueita a súa cabeciña e atenta ante calquera circunstancia que poidera acontencer na viaxe.
Nos últimos tempos foise apagando pouco a pouco, coma a lapa dunha vela que se vai consumindo. Finou con dignidade, seino ben. No patio do edificio un can deu dous ladridos a modo de despedida e despois enmudeceu.
A pesar dos seus dezaseis anos cumpridos xa era velliña de máis, tempo dabondo para collerlle cariño e sentir nestes intres, agora que xa non está, un gran vacío e desacougo.
Chamábase Laika (Laikiña), coma aquel primeiro ser vivo en orbitar a Terra.
Era tan só unha cadeliña negra e palleira sen pedigree, pero para nós sempre será moi especial.

Dentro do meu poemario "Vagantío" adiqueille no seu día este poema...


NON TEN PEDIGREE... 


Ensarillada no seu rolo de tea branda

adoita ter a mesma expresión na súa faciana.

Sempre con ese aceno imperturbable

froito, se cadra, da súa vida resignada.

Non ten pedigree que se saiba,

nin  lembranzas da súa nenez,

afeita a seguir submisa dende sempre

as pegadas vacilantes.

Ás veces semella querer falar,

e enxerga os teus pensamentos

cunha ollada indescifrable.

Pero deseguida entra en transo,

como nun soño de fondo catarse,

devecendo e "rallentando"

o seu respiro.



Nota: Tamén Laika foi protagonista dun artigo meu: "Échame a mí la culpa" (derradeiro párrafo), publicado no Faro de Vigo o 15-05-2012 e incluido no meu libro "Mis cartas al director":
"...Y yo también le echo la culpa a mi perra palleira Laika que el otro día, en un arrebato de indolencia canina, meó en la alfombra del comedor, esparciendo sus miserias en señal de protesta por no haberle prestado la atención que verdaderamente se merece".







jueves, 30 de octubre de 2014

La "gracia" del pequeño Nicolás; publicado en el Faro de Vigo, 16-11-2014

La “gracia” del pequeño Nicolás

A quienes le vean la gracia a este pseudo impúber barbilampiño, “el pequeño Nicolás”, por sus conocidas andanzas, fechorías o presuntos delitos cometidos sin que, al parecer, nadie se haya dado cuenta ni le hayan echado el guante hasta la fecha, les diría que el mundo de la política está plagado de pequeños Nicolás, repeinados y espabilados que, a poco que se les deje hacer, se convertirán algún día en primeras espadas de los partidos políticos y, por lo tanto, con responsabilidades públicas, haciendo y deshaciendo a su antojo lo que le vengan en gana.
Al igual que este personajillo fanfarrón con cara de no haber roto un plato en su vida, algunos aprendices pretenden no “vivir la política” sirviendo a sus ciudadanos, sino de la política toda su vida, no teniendo ninguna cualidad, habilidad especial, ni mucho menos estudios o méritos que se sepa, exceptuando aquellos que, hábilmente y a golpe de mentiras, han incluido en su propio curriculum.
Que cada lector piense en su propio Ayuntamiento, Diputación Provincial, Comunidad Autónoma. Seguro que encuentra a un “pequeño Nicolás” que ha conseguido, con solo arrimarse a las personas adecuadas y salir periódicamente en las fotos, trepar poco a poco hasta alcanzar su objetivo, que no es otro que sentirse poderoso y colmar su desmedida ambición personal.

Por tanto, que caiga sobre este aprendiz espabilado –el pequeño Nicolás- todo el peso de la ley, porque con ello cortaremos las alas a tiempo a todas aquellas nuevas generaciones de pichones que pretendan volar alto en el mundo de la política sin merecerlo, y que de no ser así pronto echaran a volar convirtiéndose, algún día, en peligrosas aves de rapiña. Sinceramente, no le veo la gracia.

martes, 28 de octubre de 2014

El spam de los políticos: la interminable corrupción

El spam de los políticos

¿Cómo voy a creerme en estos momentos, con la que está cayendo, lo que me digan o puedan prometer los políticos? Por mucho que intenten convencerme, cualquier mensaje que llegue a mis oídos, o a través de los medios de comunicación, lo consideraré como spam o mensaje basura, la misma que ellos han propiciado y esparcido por todas partes. Ni ellos mismos se creen las mentiras que predican encima de una tarima en cualquier mitin dominguero que se tercie. Cuentan con nuestra santa paciencia para perpetuarse en el poder, para protegerse mutuamente y beneficiar a sus adláteres a quienes untan periódicamente para silenciar esta corrupción que ha dejado de ser ya un sarampión para convertirse en una pandemia, en una gangrena podrida que está afectando a órganos vitales del sistema. ¡Qué fácil es mirar para otro lado cuando uno duerme todos los días entre sábanas limpias!

Más pronto que tarde también te afectará a ti, ciudadano, y a los tuyos, impregnando de moho el colchón donde intentas conciliar el sueño intermitente y lavar tu conciencia.

viernes, 24 de octubre de 2014

La perversión del sistema; publicado en el Faro de Vigo, 28 de Octubre de 2014

La perversión del sistema

Incapaces de gobernar este frágil barco a la deriva en que se ha convertido nuestra democracia, algunos intentan salvarse huyendo en pequeñas lanzaderas llevándose, a manos llenas, todo cuanto han podido. Otros, se lanzan por la borda con sus chalecos salvavidas dejando en su huída un reguero de corrupción, como la estela del barco que han abandonado. La inmensa mayoría, los indefensos y sin protección, seguimos la inercia de este buque sin gobierno que ahora hace aguas por todas partes, incapaces de reaccionar ante un derrotero incierto.

En esta singladura, algunos han perdido hasta la salud, y otros han caído definitivamente en el olvido abandonados a su suerte. Hemos depositado, con el voto, nuestra confianza con el deseo de participar, también, de los cantos de sirena de las bondades del sistema. Y a esa esperanza, como a un clavo ardiendo, nos hemos aferrado, algunos mirando para otro lado, dejando hacer, sufriendo en nuestras propias carnes la quemazón implacable de una corrupción implícita, como nuestro código del ADN, en nuestras vidas y en el sistema que entre todos hemos alimentado siguiendo, a ciegas, a algunos de nuestros “honorables políticos, ejemplares empresarios, eficaces gestores, camaradas sindicalistas”, ídolos de barro, mercenarios al fin y al cabo en que se han convertido, y que no han dudado en perturbar y corromper el sistema cometiendo las más execrables fechorías pensando sólo en sí mismos. Una gran estafa piramidal alimentada, después de 35 años, con las ilusiones de muchos, y propiciada por aquellos en los que habíamos depositado nuestra fe creyendo que nos conducirían a un puerto seguro. Cuanto engaño.

Pervertir: perturbar el orden o estado de las cosas.

miércoles, 15 de octubre de 2014

Mas y la Comunidad del anillo; publicado en el Faro de Vigo, 7-11-2014

Mas y la Comunidad del anillo

El proceso de referéndum, consulta, o como quieran calificarlo, que está previsto lleven a cabo los catalanes el próximo 9 de Noviembre, semeja   un episodio de la trilogía de “El señor de los anillos” del escritor Tolkien.
            A Artur Mas ( a la sazón, Frodo Bolsón) le fue encomendada la difícil misión de llevar Catalunya hacia la independencia. Para ello deberá soportar una pesada carga política, sufrir un sinfín de vicisitudes y eludir al gran ojo de Sauron que todo lo ve y controla, o lo que es lo mismo, el Tribunal Constitucional y, en definitiva, el Estado español que, según palabras del Sr. Mas, es el enemigo de todos los catalanes.
            En el tortuoso camino hacia la independencia le acompaña su amigo y socio de conveniencia, el sagaz Oriol Junqueras, y otros de la Comarca. La misión es llegar el próximo día 9N portando viva la llama de la independencia, lanzarla al Monte del Destino (bien pudiera ser el Montjuic) y esperar a que, finalmente, prenda en el corazón de todo el pueblo catalán y, de esta forma, completar la misión encomendada. Pero la comunidad del anillo, debido a las dificultades durante el proceso y a que algunos socios le han dicho al Sr. Mas: ¡suelta de una vez la llama que nos estamos quemando y basta ya de marear la perdiz!, poco a poco se va dividiendo hasta quedar aquél más solo que la una.
            Como quiera que llegar entero –políticamente, se entiende- va a ser una misión imposible, lo más probable es que el Sr. Mas se auto inmole políticamente antes del 9N y, en consecuencia, provoque un adelanto de los comicios, circunstancia que aprovechará el sagaz Junqueras para, con el permiso de las demás fuerzas políticas, ponerse al mando de la misión e intentarlo de nuevo algún día.

            La historia concluye partiendo el bueno de Frodo (Artur Mas) con su maestro, mentor y mago de las finanzas, el Sr. Gandalf ( a la sazón, el que dejó de ser hace poco “molt honorable”, el Sr. Pujol), quienes juntos harán su última singladura política, desapareciendo definitivamente entre la niebla en el Mare Nostrum de la indiferencia y el olvido. Fin de la historia.

lunes, 9 de junio de 2014

Preferentes e Subordinadas: final dun longo proceso: publicado no Faro de Vigo, o día 14 de Xuño do ano 2014

Preferentes e Subordinadas: final dun longo proceso

Os que adoitamos a traballar nos xulgados levando, entre outros asuntos, a defensa xurídica de persoas afectadas polo drama das Preferentes e Subordinadas temos a sensación de estar a presenciar o final dun proceso xudicial que, segundo datos estatísticos do poder xudicial –CGPJ-, estalle dando a razón sen paliativos aos clientes das antigas caixas de aforros galegas. Moitas propostas de acordos transaccionais ateigan estes días os despachos de procuradores e avogados, e os que non foron quenes de acudir á vía xudicial están recuperando pouco a pouco o que é de seu: os seus aforros, despois de preto de tres anos de incerteza. Esperemos que todos, dunha forma ou outra, recuperen axiña os seus cartos. Esto non sería posible, en primeiro lugar, sen a tenacidade de todos aqueles que estiveron, noite e día, pelexando nas Plataformas de afectados por recuperar os seus cartos; sin esa presenza constante na rúa, e tamén exemplar, seguramente o troco (canje) das súas accións efectuado en Xullo do ano pasado polo Fondo de Garantía de Depósitos, ingresándolles nas súas contas de aforro parte do que lles debían, non sería posible. En segundo lugar, á Xustiza que soubo dar en cada momento unha resposta axeitada ás demandas dos cidadáns.
            O resultado desta desfeita a nivel financiero non foi outra ca desnacionalización dun banco, que antes fora dúas caixas de aforros “made in Galicia”, comprado a precio de saldo por outro alén das nosas fronteiras, operación aritmética calificada por algún feiticeiro político como exemplar e rendible co resultado de +1 -9 = -8, é dicir, que por tan só mil millóns de euros o novo dono quedouse co premio gordo namentras todos nós aínda debemos pagar oito mil millóns máis, a meirande parte aos nosos acreedores e socios europeos polo rescate financieiro recibido: dos nosos petos furados, de onde van sacar os cartos senón? Canto lumbrera matemático hai neste mundo arre demo!
            A lección aprendida, finalmente, debería ser que ademais de coñecer un pouco o que son estes produtos financieiros tóxicos, coma as Preferentes e Subordinadas, e para qué serve uns test de conveniencia chamados MIFID, estaremos a partir de agora ollo á boia lendo con atención os contratos ou pedindo consello profesional antes de que nola volvan a meter dobrada e para non meter máis o zoco. E tamén que a forza da razón ten que prevalecer sempre sobre argumentos revirados e interesados.
            Estase cumprindo a máxima da Xustiza: "suum cuique tribuere", é dicir, dar a cada un o que é de seu, que formulara séculos atrás un xurista de Roma chamado Ulpiano. 
Noraboa a todas e a todos!

lunes, 2 de junio de 2014

"haikus" para Rosalía: pequena homenaxe a Rosalía de Castro

haikus   (do mar e da terra)

(pequena homenaxe a Rosalía de Castro)

Haiku é unha composición poética de orixe xaponés de tan só tres versos (de 5, 7 e 5 sílabas, sen rima principalmente). Cómpre destacar ao poeta Matsuo Bashoo (1644-1694) coma un dos seus representantes máis sobranceiros.
 Escritores e poetas contemporáneos como Julio Cortázar ou Mario Benedetti servíronse tamén desta sinxela forma de expresión poética.


I

A maina choiva
calma a sede na veiga
en Primavera

II

Aló no facho,
na noite acazapada,
todo é silencio

III

Ruxen os ventos
e o mar alporízase,
loito no ceo

IV

Linguas de terra
esvaran pola ría
de Pontevedra

V

Un mar de leiras
coma campos labrados
sonche as bateas

VI

Alén das illas,
un océano de vidas
de sufrimento

VII

Chora Galicia,
unha bágoa de orballo
pinga na terra

VIII

Non, nunca antes,
non digas nunca xamais,
nunca mo digas

IX

Poesía vital
nos versos de Rosalía
da terra e do mar

miércoles, 28 de mayo de 2014

O Poder dun Movemento: eleccións europeas, 25 M, publicado no Faro de Vigo, o día 11 de Xuño do 2014

O Poder dun movemento

Dixen nun artigo, antes das eleccións europeas, que o Movemento do 15 M esvaeceuse coma a brétema no verán, coma fume de carozo, dicía. Estaba equivocado. 
Milleiros de persoas desencantadas coma parias nesta xove democracia estéril, simplemente estaban agochadas, latentes, agardando a súa oportunidade electoral.
Podemos, este movemento cidadán que ven, seica, para quedar entre nós, e que acadou 5 escaños nos comicios europeos, sacudiu os alicerces de moitas conciencias baleiras e tordas. Rebentou coma unha presa debido á medra dun río caudaloso de xente indignada. É certo que este movemento surxiu coma unha fenda na nosa sociedade e medrou ao abeiro da crise económica, da corrupción e da desfeita de políticas equivocadas.
 Se algunha vez esta tenaz crise nos deixa, quedará na nosa conciencia un pouso agre de tristeza lembrando a todos aqueles que non foron quenes de acadar o final do túnel nin de ver agromar algún día os seus desexos de prosperidade.

Só fai falla que esta marea social non defraude aos seus simpatizantes e votantes. Ten que definir e canalizar a súa estrutura política, por exemplo. Aínda lle queda un longo e dificultoso camiño por percorrer, cheo de cambadelas por parte dalgúns partidos políticos esgotados e rancios que, sen disimular a súa envexa, tentarán atopar o seu talón de Aquiles para botarlle o seus meigallos.

lunes, 26 de mayo de 2014

Purga nas redes sociais; publicado no Faro de Vigo do vinte e nove de Maio do ano 2014

PURGA NAS REDES SOCIAIS

As redes sociais son quenes de transmitir de xeito instantáneo, a golpe dun “tweet”, toda clase de comentarios. Afoutados hainos en todas as partes, tamén nos medios de comunicación nos que algún xornalista, opinante ou contertulio, ao abeiro da súa liña editorial, son capaces de dicir as mesmas barbaridades, sutilmente disimuladas en canto ás formas se refire, comparables ás dalgúns “tuiteiros” que estes días están saíndo coma praga bíblica do seu mundo virtual para seren reprendidos públicamente coa intención de tentar perseguilos xudicialmente polos seus desafortunados comentarios.
            Partindo da inquebrantable liberdade de expresión, todos somos quenes de expresar a nosa opinión, rexeitando socialmente aquelas que só persiguen o insulto fácil e mais a calumnia. Outra cousa ben distinta é probar a intención delictiva deses “tuiteiros” se non é outra ca da ser una quentura virtual pasaxeira e inxustificable. Estamos a falar en termos xurídicos, naturalmente. Se lle facemos caso á proposta dalgún ministro do noso Goberno, faría falla empregar un número considerable de funcionarios públicos (corpos de seguridade do Estado, xuíces, etc) que non terán outra cousa mellor que facer, seica, que andar todo o día perseguindo por internet aos milleiros de “tuiteiros” que cada minuto envorcan nas redes sociais as súas mensaxes. Se todo aquel que larga algunha barbaridade nas redes sociais non pretende acadar outra cousa que a complicidade das súas propias mesquindades, só podemos convidar aos seus “followers” para que censuren sen paliativos as súas mensaxes.

            Sempre debemos expresar a nosa opinión dun xeito responsable e comprometido, non dicindo calquera barbaridade que se nos ocorra. Na soidade virtual do noso iPad ou móbil tamén podemos expresar a mellor das nosas intencións. 

lunes, 19 de mayo de 2014

A recta do peón (2ª parte): Circuito moto GP

A RECTA DO PEÓN (2ª parte): Circuito moto GP

Situémonos primeiro. Esta singular recta que hai na parroquia de Beluso, en Bueu, con carrís de 3,50 metros de ancho, cun aparcadoiro en toda a súa marxe esquerda en dirección a Aldán, é o primeiro circuito de motos GP que temos na Península do Morrazo.
            Por esta peculiar e longa recta, dun treito que no chega nin a 1 Km sequera, circulan a diario automóbiles, chimpíns, bicicletas, o Cerqueiro e máis as motos. Algunhas destas semella mesmo que voan polo asfalto cando observamos coma adiantan a toda velocidade, a miúdo en raia contínua, e escoitamos o seu son enxordecedor ao meter a palanca de cambios ata o infinito e máis aló acadando unhas velocidades de vértixe, moi superiores ás permitidas.
            Recoñezo que non me gustan as motos, e menos aínda algúns moteiros que, fachendeando dos máis de 500 cc - cos seus correspondentes catro cilindros en línea-, das súas Yamaha ou Kawasaki, poño por caso, semella que rachan a velocidade do son e rebentan tamén os nosos tímpanos en tan só 10 segundos para, aos poucos, reducir as súas máquinas de competición porque unha vez rematada esta recta hai unha curva, e outra, e outra tamén semellando esta estrada comarcal que vai dende o concello de Bueu ata o de Cangas -pola costa- unha serpe sen fin.

            Por certo, que neste tramo de alcatrán –a recta do peón- feito, seica con precisión dun tiraliñas, non hai unha, nin dúas, senón que hai ata catro pasos de peóns cos seus sinais de tráfico correspondentes que advirten aos condutores –se teñen un pouco de sentidiño- da presenza humana por estes lugares que cruzan o seu marxe dun lado a outro para ir as súas casas ou leiras, nenas e nenos que van á escola incluídos.

lunes, 12 de mayo de 2014

"namorado" como atenuante, publicado no Faro de Vigo o día 13 de Maio do ano 2014

Namorado como atenuante

Xa sabemos que cando ven a primavera chegan os maios e as nosas ferohormonas revoan libres coma bolboretas. Aconteceulle tamén a un xograr chamado Macías o “namorado” que, seica no século XIII facíalle as beiras ás mozas recitando as súas cantigas na Península do Morrazo, segundo está documentado nun pergameo atopado e que pertence ao antiguo cenobio do lugar de Ermelo en Bueu –hoxe igrexa-.

Pero estar namorado, nin na época medieval nin agora pode ser un atenuante dos tipificados no código penal para que os avogados dalgúns presuntos ilustres culpables pretendan, con só dicir que os seus clientes estaban “namorados” ata os miolos, conseguir do xuíz que abrande o seu corazón namorado e, deste xeito, ver minguadas as súas futuras condenas. Esto sería tan absurdo como dicir que facer a declaración da renda é algo semellante a facerlle o amor ao teu país. Non! Estar namorado ten que ser un acto gratuito, sincero e correspondido, non unha imposición.
 Tentar convencer a cidadanía de que os seus defendidos actuaron por mor de estímulos tan poderosos coma padecer de “locura de amor transitoria” debería ser sancionado polos nosos tribunais, por ser unha táctica procesual revirada, antisocial e utilizada con manifesto abuso do dereito.

viernes, 9 de mayo de 2014

"mimetismo"



a este vello lárido, a gaivota, perfectamente mimetizada na contorna, góstalle contemplar as dornas amarradas ao pantalán do porto de Bueu...

martes, 6 de mayo de 2014

Eleccións europeas, 25 M, publicado no Faro de Vigo do 8 de Maio do ano 2014

Eleccións europeas, 25 M

Non hai forma. Somos reincidentes e tropezamos unha e outra vez contra a mesma pedra. Unha enquisa aos cidadáns publicada recentemente di que: “xa sexas traballador, parado, pensionista, crente, agnóstico ou ateo, sempre votamos e votaremos aos mesmos partidos políticos nas eleccións, eu diría que en calquera dos comicios que se celebren. Enganáronnos, mentíronnos, xogan con nós, desvalorizaron os nosos salarios, prestacións, pensións, as nosas ilusións, e aínda por riba sempre, seica, votaremos aos mesmos. O noso voto está predeterminado e cautivo. Somos de piñón fixo e descoñecemos, polo tanto, que o noso automóbil pode ter ata cinco ou seis marchas.
Agora que estamos ás portas dunhas novas eleccións europeas, repetirán as mesmas formacións políticas, alternándonse cíclicamente no tempo. Os mesmos slogans publicitarios, os mesmos discursos, agás algún ca outro extemporáneo e oportunista partido político que só fará confirmar a regla da excepcionalidade. E deste xeito botaremos outros cinco anos máis coa mesma inercia e anestesia política. Non somos conscientes das nosas propias forzas, das nosas posibilidades coma votantes. A abstención será un factor determinante que só favorecerá aos mesmos de sempre. Somos coma boias no mar sen amarras e a mercé do vento e as correntes.


Non somos quen de aprender as leccións que un tal Stéphane Hessel, un vello loitador europeo e europeísta nos legou e que están recollidas nos seus libros indignádevos! (indignez-vous!) e comprometédevos! (engagez-vous!). As súas ideas foron as precursoras, segundo din, dalgúns movimentos cidadáns coma o do 15-M, tan apaixonante e esperanzador ao principio, coma finalmente esvaeuse a fume de carozo.

martes, 29 de abril de 2014

Un breve conto: "o papaventos de Pepiño"

Non hai moito, un amigo meu contoume esta breve historia que lle aconteceu ao fillo pequeno dun mariñeiro...

O seu pai, que faenaba no Gran Sol irlandés, tróuxolle na derradeira marea un papaventos ben vistoso. Dende aquela andaba todo o día con aquel aparello voador. Iba á praia da Banda do Río, preto da súa casa, cando había vento forte e deixaba voar ceibe a súa imaxinación procurando achegarse o máis que podía ás nubes. Chegou mesmo a ser todo un experto, un artista facendo viravoltas imposibles, tensando, recollendo e liberando aquela piola que era coma o prolongamento natural do seu brazo.
(debuxo de Emilio Costas)
"Se poño máis cordel poderá mesmo acadar a lúa e o sol", pensou. E así o fixo. Pero un día, cunha nortada de medo, rachou a corda e soltouse o seu papaventos; levouno o forte vento moi lonxe, caendo no mar alporizado ata esvaerse nas frías augas.
Mamasiña, mamasiña: esparapapillóuseme o papaventos!, díxolle á súa nai cando chegou a casa chorando a moco tendido e aflixido.
Coitado, querrás dicir que escarallóuseche o teu papaventos, contestoulle a súa nai (sabemos que cando nenos, falamos un pouco mal, confundindo ás veces as vogais e consoantes). Pero ao ver o desacougo tan grande do seu fillo enmendou a tempo preguntándolle con interese: E cómo foi, entón, que esparapapillóuseche o teu papaventos, Pepiño? E deseguida faloulle agarimosa deste xeito:
"As veces non precisamos acadar as nubes, nin o sol, nin a lúa para seren máis felices. A felicidade está máis preto de nós do que pensamos, amarrada a unha curta piola de distancia dun fermoso papaventos".


martes, 22 de abril de 2014

escultura no tempo...

Unha rocha granítica esculpida pola choiva e o vento dende hai miles de anos..., semella...un (unha)...
cadaquén que lle bote un pouco de imaxinación.
(atópase entre as praias de Lagos e  Ancoradouro, Beluso, Bueu)

a gaivota viraventos

A gaivota mantén o equilibrio no peirao de Bueu, nun mar abromado que reflicte a cor plúmbea deste ceo...; orgullosa e firme na súa posición é coma un viraventos sinalando co seu peteiro o lugar de Cabalo en Beluso.

lunes, 21 de abril de 2014

Cadáveres..., resucitados!

No intre máis álxido desta teimuda crise económica, cando se apreciaba o ferruxe nas trabes de moitos edificios a medio facer, escribín un artigo: "cadáveres urbanísticos", e mesmo lle fixen unha foto a un deles.
(antes)

(despois)
Tres anos despois comprobei abraiado como aquel defunto urbanístico resucitou e agora, unha vez rematado, con póla de loureiro incluída, semella coma un illote no medio de océano, coma unha sinal inequívoca de que os gromos verdes de que tanto nos falaban ben poderían ser unha realidade..., a medias.

A medias, porque a vacina que tenta inocular o Goberno na nosa malparada economía non vai a chegar á meirande parte de todos nós. Teremos, pois, que acostumarmos a convivir con defuntos, doentes terminais e sandados milagreiros, sendo estos últimos unha excepción...que cofirma a regra de que endexamais voltaremos á desfeita doutros tempos.
Seremos quen de aprender dos nosos propios erros?

miércoles, 16 de abril de 2014

martes, 8 de abril de 2014

lunes, 7 de abril de 2014

Breve Sinfonía de Otoño. O meu primeiro relato (en castelán)



       BREVE SINFONÍA DE OTOÑO
              Emilio Rodríguez Miranda





Podedes acceder ao relato pinchando no seguinte enlace (facilitado polo meu amigo Arturo Sánchez Cidrás), mestre egrexio e cronista de Bueu,

 https://db.tt/SpDN1PYh

Tamén aproveito para darlle as grazas e, de paso, dicirvos que lle botedes unha ollada ao marabilloso blog de Arturo Sánchez Cidrás, onde están tamén incluidos outros autores, e mesmo hai unha chea de documentación e aconteceres históricos moi interesantes da nosa fermosa vila de Bueu. Pinchade neste enlace: a bo seguro non vos ha defraudar,
http://bueu.tk/

(neste enlace tamén están outras das miñas obras: "Mis cartas al director"; Vagantío (poemario), e "o Bardo da illa de Aunios".

Mirafondos: poemario

O meu segundo poemario, podedes acceder pinchando neste enlace (facilitado polo meu amigo Arturo Sánchez Cidrás)


"A recta do Peón"; cartas ao director; publicado no Faro de Vigo, 16-04-2014

"A recta do Peón"

Ao final da “recta do peón”, na parroquia de Beluso, vindo dende Bueu, á man esquerda, hai unha beirarrúa que se utiliza a miúdo coma aparcadoiro de coches. Abofé nela existe un supermercado que está aberto tódolos días do ano –tamén os festivos-, e algúns desaprehensivos non tellen mellor que facer que ires de compra metendo o morro dos seus automóbiles ata o mesmo andel onde podemos atopar o leite desnatado. Non será por falla de aparcadoiros nos arredores, arre demo!
            Ademais de escarallar e emporcar o lousado da berarrúa con graxa e manchas de aceite, é un perigo evidente para os peóns, nenos e persoas maiores principalmente, que teñen que andar ollo a boia para non seren mancados por eses ferranchos con rodas cuspindo fume, porque non só aparcan, senón que tamén circulan coma se tratase dunha parada en boxes de fórmula 1.
            A cousa vai de mal en peor cando respírase a proximidade do lecer das pontes de fin de semana, pero sobre todo na chegada do verán. Nestas datas a desfeita é total, non ten remedio, e as bucinas dos coches, uns querendo saír dos seus lexítimos aparcadoiros nos edificios, e os  que pretenden poñer teimudamente as catro rodas na beirarrúa, semella unha desas películas dos irmáns Marx.
            Descartando, por razón prácticas, a idea de chamar aos municipais, día si e outro tamén, e reixetando, pola propia seguridade persoal, andar en liortas cos condutores por mor de que lle poñan a un un ollo mazado ou á funeraria, a solución pasaría por poñer nesta beirarrúa uns bolardos, como Deus manda, non precisando, coido, arrincar os norays do peirao de Beluso ou Bueu, poño por caso.

Señor alcalde da Vila de Bueu: faga o favor!

viernes, 4 de abril de 2014

Octavio Paz: cen anos desde o seu nacemento (México, 1914-1998)

"Frente al mar"

¿La ola no tiene forma?
en un instante se esculpe

y en otro se desmorona
en la que emerge, redonda
su movimiento es su forma.

(do seu poemario: libertad bajo palabra)

miércoles, 26 de marzo de 2014

HAIKUS, (a vinte mil pés de altura)

          
            I

Veas azuis regan a terra,
nubes, coma illas penduras,
salpican o ceo. 

                              II
Tiras irregulares de pel curtida,
campos estériles de verde apagado
esténdense polo manto telúrico.

                                       III
E por fin, no horizonte, o Sur,
a costa, e o sol dourando
a epidermis deste Mare Nostrum.

                             IV
De volta á casa, un océano de nubes,
como un salgar infinito
cubre o firmamento.






martes, 11 de marzo de 2014

Leopoldo Panero: La lucidez de un poeta maldito

Quizais este poeta transgresor, atormentado e autodestructivo, cando escribiu estes versos libres, incluido no seu poemario "Last River Together" (1980) estaba pensando no seu propio epitafio:

DEDICATORIA

Más allá de donde
aún se esconde la vida, queda
un reino, queda cultivar
como un rey su agonía,
hacer florecer como un reino
la sucia flor de la agonía:
yo que todo lo prostituí, aún puedo
prostituir mi muerte y hacer
de mi cadáver el último poema.

(Leopoldo Panero, poeta (Madrid 1948-Las Palmas 2014)

domingo, 23 de febrero de 2014

Antonio Machado, poeta: "...del último viaje"

No cabodano da súa morte, estos versos tan sentidos:

"...pero mi verso brota de manantial sereno...
Y cuando llegue el día del último viaje, y esté al
partir la nave que nunca ha de tornar,
me encontraréis a bordo ligero de equipaje, casi desnudo,
como los hijos de la mar"

(Antonio Machado, Sevilla 1875, Colliure, 1939)

sábado, 22 de febrero de 2014

Homenaxe a José Emilio Pacheco, poeta

Para un poeta, a mellor homenaxe é citar os seus propios versos. Velaquí un deles,

Meditación del Autobiógrafo

¿Con cuál ficción me quedo para no ver lo que soy?
¿Qué otra mentira invento para justificar mi vacío?

No importan los testigos ni sus reproches:
La falsificación de mi pasado
Me saldrá tan absurda que acabaré por creérmela.
(José Emilio Pacheco, poeta)
Cidade de México, 1939-2014

Julián Schabel, pintor neoexpresionista e director de cine estadounidense de orixe  xudeu

domingo, 16 de febrero de 2014

O "papel" dos nosos Xornais; publicado no Faro de Vigo, 23 de abril do ano 2014

O “PAPEL” DOS NOSOS XORNAIS

Pasou xa algún tempo dende que un teutón de toda a vida como foi Johannes Gutenberg, aló polo século XV, déralle un pulo definitivo á imprenta, invento comparado nos fitos da humanidade coa chegada da informática e mais internet. Dende aquela o papel, incluído o dos nosos xornais, non se discute: difusores da información e do coñecemento; compañeiro inseparable dos nosos parroquianos cando lle botan unha ollada ás novas lutuosas e á previsión do tempo e tamén, de esguello outros, á sección libidinosa de anuncios por palabras ou tamén chamada “breves” onde, entre outras, algúns anunciantes mesmo ofrecen ensinanzas completas doutras linguas coma o grego ou o francés.
            Coma min, ben sei que hai algún que outro romántico seareiro do papel dos nosos xornais. Ademais, non ten efectos secundarios; todo son vantaxes: non consume enerxía eléctrica, podes levalo debaixo do sobrazo, empaquetar o bocadillo, etc. E aínda por riba, hai vida despois da súa lectura, quero dicir que tamén ten outras “utilidades”; e para rematar: non lle facemos mal ao medio ambiente, porque é biodegradable.

            Por todo isto, eu, dende esta curta sección de opinión –de papel-, deste xornal desexo que a UNESCO proclame a candidatura do papel dos nosos xornais coma “ben tanxible” da humanidade, e coma dixo un día o máis grande fabulador que tivo Galicia, D. Alvaro Cunqueiro: Que dure mil primaveras máis!

sábado, 15 de febrero de 2014

Poemario "Mirafondos": poesía cotidiana

Lumbalgia (poesía cotidiana)


El día empezaba a resbalar sobre mi frente
mientras los ecos fragmentados de la noche
se iban debilitando,
acuérdate que a las once
tienes cita con el médico,
no me entretengas ahora,
que no puedo doblar la espalda
para atarme los zapatos,
antes todavía podía llegar hasta el suelo,
el borboteo de la cafetera
llegó hasta mis oídos
avivando los olores irrecuperables
y el timbre del teléfono perturbó
mi pacífica condescendencia,
de puertas afuera, en el rellano,
se oían los primeros pasos
arrastrando la pereza laboriosa,
es del despacho, me preguntan,
qué les contesto,
diles que atiendan al requerimiento,
luego les llamo,
y en la calle, la luz del alba se iba encendiendo
poco a poco, lo mismo

que mi dolor acrecentado.

miércoles, 12 de febrero de 2014

PARA QUÉ SIRVE A POESÍA?

Nestes momentos convulsos da  nosa historia algúns preguntaranse: para qué sirve a Poesía?
Nada mellor que ler uns versos do poeta Gabriel Celaya (Hernani 1911, Madrid 1991), "La poesía es un arma cargada de futuro", que popularizou aló polos anos sesenta e setenta do século pasado o cantautor Paco Ibáñez no seu concerto no Olympia de París...

...Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

...Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

...Maldigo la poesía concebida como un hijo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse...
                                                          (Gabriel Celaya, poeta)


lunes, 10 de febrero de 2014

TREBOADAS

TREBOADAS

A cicloxénese explosiva meteorolóxica que estamos a sofrir dende principios de ano na nosa Terra semella ó campionato da liga nacional de fútbol profesional. Aínda non rematou unha xornada e xa está aí a seguinte; non hai tregua. Ondadas sen fin baten unha e outra vez contra o dique do peirao. Unha teimosa chuvia anega leiras e camiños, e chove sobre mollado. Arroia que da medo!

Tamén no eido da política temos dende hai tempo unha cicloxénese que lle ronca o nabo, senón velaquí o que acontece cos problemas que están no poleiro: a corrupción, as taxas xudiciais, o desemprego, a privatización da sanidade, o proxecto da lei do aborto, e tantos e tantos asuntos importantes que turran en todos nós socavando as nosas conciencias.

domingo, 9 de febrero de 2014

Poemario "Mirafondos": amnesia

                                                                     (Amnesia)

Achego o carolino de tinto femia
aos meus beizos fendidos
e unha pinga trémula esvara
polo queixelo ata caer
na páxina dun xornal, enchoupando
a sección de sucesos;

Un ferido por arma branca
desángrase ata morrer
ao carón dunhas nasas
amoreadas preto da rampla
do peirao; no peto esquerdo
da súa chaqueta…”

Tento limpar cun pano de mesa
o recadro da nova lutuosa
pero non son quen de adiviñar,
a mancha tinxida de viño
esborrancha as palabras;

boto o derradeiro grolo,
meto a man na billeteira,
e no reverso dun billete
de vinte euros advirto a miña

propia letra ensanguentada.