MIRAMENTOS
Podería estar toda unha vida
contemplando este mar azul cyan.
As lenes vagas cabalgan enriba do manto da súa
pel,
dourando a epidermis mariña pola
tenue raiola asustadiza.
Participo desta quietude, violentada
ás veces polo grallo
crebadizo dunha pardela solitaria, e
reparo, que no horizonte,
transcurre a lenta navegación dun
pequeno cargueiro
que, quizais, leve no seu ventre a
semente que fecunde a terra estéril.
Contemplo ao lonxe cómo transcurre o
tempo sosegado do presente,
para poder mergullarme de novo no
pasado irrecuperable e no porvir dubidoso.
O sol morno e tímido adurmiña os meus
pensamentos.
Unha rosa murcha, avermellada e
fragmentada espalla os seus pétalos polo chan,
e así ficarán inertes, ata que o vento húmido e fresco do
solpor
borre para sempre as súas lembranzas.
Será breve o letargo cando a
escuridade se apodere da súa figura:
a rosa, o mar; a rosa , ata que
novamente esperte para a vida.