día y hora

sábado, 14 de diciembre de 2013

Outono nas praias, area de Bon e Lagos

Á procura do mar
en Covelo, unha emoción
enxalza o meu espírito
cando vexo as leiras
reverdecidas pola choiva
fresca, escoito os regatos cantareiros
que me levan cara á praia
de area de Bon,

A pouca distancia,
acubillada por piñeiros,
outra praia, de area grosa,
rochas e penedos de granito
durmidos  nun relanzo
de auga salitrosa
emerxe a praia de Lagos
harmoniosa.

viernes, 13 de diciembre de 2013

Outono dos Pazos

Entre bidueiros e umeiros espidos
unha fraga enmeigada
fronte ó pazo de Ouril,
febril luz de outono
esvaída, 
guíame cara ó pazo
de Santa Cruz, i eu
dende aí, afiuzada
a súa beleza,
contemplo, con grandeza
a fermosa enseada
de Bueu,








lunes, 9 de diciembre de 2013

Outono en Cela e Praia de Beluso (Bueu)

O feble sol de Decembro
alumea, oblicuo, a cancela
da miña horta e amorna,
vagaroso, as avermelladas
videiras de Cela...                           
Berce do viño Tinto Femia...,

e esvarando polas súas ladeiras
atopámonos, con gran amor,
coas praias e dunas de branca area,

Agrelo e Portomaior...., 
 Cara ó Sur, esgotada  polo uso
das longas mareas, 
do verán,      


déitase a miña dorna
na praia de Beluso
ó abeiro da nortada.