día y hora

martes, 10 de enero de 2012

O primeiro artigo de este ano 2012, publicado no Faro de Vigo o día 11-01-2012

"mar ferido", praia de Lagos (Beluso), óleo Milucho

Non dou feito, non dou chegado
Non dou feito con tanto acontecemento vivido nestes derradeiros días. Eu coidaba que iamos ter unha  tregua despois  de tanta enchente (agás das larpeiradas do Nadal) de noticias  por mor das eleccións xerais do pasado día 20 de novembro  e o “modélico traspaso de poderes”, según decían uns e outros que estaba a suceder. Pero todo foi un feitizo seica. Esvaecido o fume da cachimba da paz, voltamos de novo ás mesmas lideiras, rifas e liortas político económicas con que nos deitamos no 2011. Non hai maneira. Semella que nos queren ter sempre desacougados e non nos deixan un chisco de repouso para coller bafo. Non dou chegado o día que os “mercados” nos dean algunhas novas que non sexan as de apertarnos ainda máis e máis  o cinto, mesmo semella que queren que teñamos unha figura de escándalo. Poderían ser máis imaxinativos e procurarnos baixa-los impostos  e ternos unha vida máis doada.Pero non. Seguen a xogar con nós ao despiste e poñendo, uns e outros, ventiladores ás miserias máis insondables. O goberno actual e a oposición andan rifando coma xa o fixeron non hai moito a oposición e o goberno  anterior. Uns decindo que o déficit era o 6%, e os outros, que non, que foi finalmente o 8%; uns , que a fórmula para sair da recesión e baixa-los impostos e fomentar o gasto público, e os outros que hai que subilos e axustar as contas públicas e deixarse de tanta carallada. Uns, que por aquela fenda mirábase o día( expresión esta moi utilizada no sector da construcción, como explicoume moi ben  o meu amigo Carballo),  e os outros que non, que a fenda estaba ben tapadiña agás dunha pequena raia sen importancia; e polo medio,  donde hai patrón non manda mariñeiro; se non queredes caldo……xa sabedes a fórmula simple e sen crebar demasiado os miolos, hai que subir os impostos: IRPF, IBI, as taxas; e de postre tamén os servizos básicos: o gas, transporte, etc. E iso que o Goberno actual xa o dixo ben clariño:”este é o primeiro paquete de medidas”. Logo quere decir que virán outras piores. Tamén este ano promete no eido dos xuizos, os de verdade e os paralelos ou tamén chamados mediáticos: “o dos traxes, o caso Urdangarín e os seus derivados, Pepiño Blanco, etc, etc”. Por esta banda temos festa rachada garantida. Estaremos moi atentos. Non dou feito, e tamén non dou chegado o día para ver tanto acontecemento neste novo ano  2012 que xa bota a andar. Pax vobiscum.

domingo, 8 de enero de 2012

De senderismo por Beluso (Covelo, lago mansiño e praia de area de Bon)

Despues de tantos excesos durante las pasadas navidades, conviene estirar las piernas y hacer un poco de senderismo. Salimos de nuestra casa en Beluso y vamos a ir a una de las playas más bonitas del entorno, area de Bon. Bajamos por el lugar de Covelo, lago mansiño, contemplamos los campos helados, los árboles sin hojas y el cielo limpio y puro. (Escuchamos la sonata para piano nº15, allegro k 545, de Mozart)