día y hora

jueves, 14 de noviembre de 2013

Poemario Mirafondos, "enquistamento"- poema

(enquistamento)
 

Asomo a faciana
fóra da ventá do despacho,
o aire fresco e húmido da ría
alíviame,
a carga de traballo
amoréase en outeiros
de expedientes, agardando que
unha man piadosa
ceibe un deles do seu letargo
e pegue un chimpo
cara ós xulgados
onde repousará o soño dos xustos
ata que un funcionario,
talvez, un secretario
xudicial lle dea traslado,
unha vez subsanado
o defecto procesual oportuno
e abeire, por fin, no titular do xulgado
quen, deste xeito, desenleará
este procedimento ordinario
que, sen comelo nin bebelo,
quedóuseme atoado.

martes, 12 de noviembre de 2013

Poemario MIRAFONDOS (introspectiva)

(Introspectiva)


El lugar donde habita mis miedos
está plagado de recuerdos imborrables,
a veces, salpicado de notas urticantes
que brotan intermitentes en mis sueños.

Intento entenderlos, pero, luego,
me detengo en el umbral de la noche
y pienso
que no hay motivo suficiente,
que no cabe la congoja
ni el desconcierto,
porque las sombras, sólo son eso,
presencias extrañas
que enseguida se desvanecen
 cuando al despuntar el alba
 me despierto.



                            

domingo, 10 de noviembre de 2013

Nocturno (poemario MIRAFONDOS)


(Nocturno)

 

Traspasando a soleira das sete do serán,
un día do mes de San Martiño desapracible
 e chuviñoso, cae a noite
 coma unha cortina de aceiro negro
espallando os derradeiros ecos da vida,
a feble luz das farolas palidece,
déixame un vaso de auga
na mesa de noite, perto do libro de poemas,
a canella e a rúa mollada,
mañá, quizais escampe, quizabes.
Hoxe foi un día complicado cargado de boas novas,
a miña primeira sentenza,
logo direiche o que penso
cando entre, paseniño, na habitación, ás atoutiñadas,
e che atope mergullada nas túas lembranzas,
o libro, coma unhas ás, caído no teu regazo
e o teu ventre latexando con cadencia de adagio.

Miro, de novo, a rúa intransitada
e só vexo sombras esvaídas e ausentes,
pecho os ollos, abro as mans,
exhalo preguntas esgotadas,
escoito a cuarta sinfonía de Brahms,
e protexido dos meus propios medos,
sentindo a calor do teu corpo,
bico os teus beizos e susúroche ao oído
palabras cómplices que só ti comprendes.