día y hora

sábado, 11 de febrero de 2012

XAQUE MATE, XUÍZ GARZÓN (Voz de Galicia, 12-02-2012, Faro de Vigo, 24-02-2012)- SÓCRATES Y LOS IDEALES DEL JUEZ GARZÓN(Atlántico Diario, 18-02-2012)

monumento á memoria histórica, illa de San Simón


 XAQUE MATE, XUÍZ GARZÓN (Publicado na Voz de Galicia, 12-02-2012 e no Faro de Vigo,24-02-2012).
Endexamais  un xuíz suscitara tanta xenreira nin tanta envexa ao mesmo tempo. O xuíz Garzón, prototipo de home defensor dos dereitos humanos para algúns e arrogante e protagonista en exceso para outros, non deixa a ninguén indiferente. Non vou  cometer o erro de facer unha valoración xurídica da primeira sentenza (aínda lle quedan dous xuízos máis) onde resultou condenado polo Tribunal Supremo a unha pena de 11 anos de inhabilitación por prevaricación , e que ven a ser un “xaque mate” definitivo a súa carreira como maxistrado . O que sí quero é  facer  unha valoración da súa faciana como home preocupado e defensor dos dereitos e liberdades públicas. Os xeitos de acadar determinadas probas para as súas investigacións adoeceron, segundo o Tribunal Supremo,  das garantías dun dereito fundamental para os acusados como é o de defensa. Pero estamos a falar da averiguación de presuntos feitos delictivos de especial relevancia onde o equilibrio na fase de instrucción non sempre é unha laboura doada para un xuíz, se o que se pretende é atopar as probas necesarias e concluíntes para levar a  cabo o proceso xudicial. Xa o fixo antes  cando mergullouse no mundo do terrorismo de ETA e tamén cando lle tocou rebuscar nos sumidoiros dos GAL; cando perseguiu os delitos de narcotráfico e blanqueo de capitais. Defensor dos dereitos humanos , no caso dos crimes de “lesa humanidade” nas dictaduras latinoamericanas, especialmente  en Chile, e agora na procura dos miles de desaparecidos na Guerra Civil española. A persecución destes delitos non é unha teima do xuíz Garzón, é un deber e un dereito de toda persoa de ben por coñecer, no caso dos miles de desaparecidos durante o franquismo, qué foi de todos aqueles que polas súas ideas políticas un día desapareceron para sempre, deixando orfos aos seus familiares e tamén a un país que viviu denque aquela no ostracismo político durante demasiado tempo.

         SÓCRATES Y LOS IDEALES DEL JUEZ GARZÓN (Publicado en Atlántico Diario, 18-02-2012) 

Pienso que existe cierto paralelismo entre el juez Garzón y el filósofo griego Sócrates. A este siempre le preocupó la búsqueda de la verdad hasta tal punto de dar su vida por ella. El juez Garzón tuvo como norte de sus actuaciones judiciales la persecución de las peores formas de delincuencia que se puede dar en una sociedad: El terrorismo, el narcotráfico y la corrupción, siendo en esta última donde encontró la muerte profesional, que para un juez es como quitarle su propia vida. Pensaba Sócrates que era imposible ser feliz si uno actúa en contra de sus  convicciones, y así lo reflejó  en su forma de vida según nos cuenta su discípulo Platón. El juez Garzón actuó también siempre según sus propias convicciones cuando de lo que se trataba era  averiguar  la verdad oculta en el oscuro mundo de la corrupción política, el crimen organizado y los de lesa humanidad, donde muchas veces la línea divisoria en la instrucción judicial es difícil de conciliar con un escrupuloso cumplimiento de la legalidad. Como Sócrates, a su muerte le sucedió su discípulo Platón, y a este Aristóteles. Lo mismo ocurrirá con el juez Garzón. Siempre habrá alguien dispuesto a coger el testigo de sus “Ideales”, desafiando a los poderosos,  persiguiendo toda clase de injusticias y abuso de poder para que la impunidad nunca tenga cabida en nuestra sociedad.

A las tierras sin nombres y sin números
bajaba el viento desde otros dominios,
traía la lluvia hilos celestes,
y el dios de los altares impregnados
devolvía las flores y las vidas.
En la fertilidad crecía el tiempo.
(Vegetaciones-Canto General, Pablo Neruda)


miércoles, 8 de febrero de 2012

Miluchadas filosóficas: "O leito baleiro"(Publicado en el Correo Gallego, 14-02-2012)- Don ERE que ERE(Publicado en Faro de Vigo, 12-02-2012)

O LEITO BALEIRO (Publicado no diario "El Correo Gallego", 14 febrero 2012)
Subín á habitación, entrei paseniño porque era a hora da sesta, mirei ao redor e comprobei que o leito do medio estaba ocupado por outro doente. Preguntei a algúns familiares, e dixéronme que o anterior morrera antonte.
        Así é a nosa vida. Ocupamos, dun xeito indolente, espazos vividos antes por outras persoas. Temos ás veces a sensación de que a nosa vida non nos pertence e que noutros tempos existiu alguén que pensaba, sorría e adoecía coma nós mesmos. E así acontecerá no futuro. Sempre haberá un que teña as nosas mesmas inquedanzas, os nosos desacougos, a dor ferida das nosas ilusións. O leito baleiro non será tal, senón unha prolongación da nosa propia existencia.

DON ERE QUE ERE (Publicado en el Faro de Vigo, domingo 12 de febrero de 2012)

Parafraseando o título da célebre película "Don Erre que Erre", protagonizada por Paco Martínez Soria alá nos anos 70 do pasado século, seica está de moda os ERES (expedientes de regulamento de emprego), ou tamén chamados “expedientes de despedimento de traballadores”, porque este é en moitísimos casos a súa única finalidade. Temos ERES en todos os sectores económicos e para tódolos gustos: De suspensión, extintivos, temporais; hainos de inverno, de verán, pequenos e longos segundo afecte a poucos ou a moitos traballadores.  Como acontece co actor da devandita película, os "Don Eres" son teimudos e utilizan esta práctica enfermiza para desprenderse dun xeito doado e rápido dos seus traballadores, aproveitando as facilidades que lle da a actual lexislación laboral. O que ocorre é que este xeito encuberto de despedimento de traballadores é un fraude de moito coidado porque ao final, e tamén ao principio, a gran parte do custo económico recae sobre todos nós a través dos fondos públicos. Por este motivo, non estaría mal aproveitar a reforma laboral e o seu desenrolo posterior para que aqueles "D. Eres" que intenten utilizar este xeito sutil de despedimento de traballadores apanden con todo o custo do procedemento.

cantís na illa de Ons