CHEIROS PROFUNDOS
Hai cheiros que poden pasar pola nosa vida sen pena nin
gloria, desapercibidos; e outros, pola contra, tan profundos que deixan un recendo
na nosa pituitaria do nariz que permanecen para sempre gravados na nosa
memoria.
Só hai que meterse nun bus, por exemplo, si é urbano e no
inverno mellor, para bater cos nosos fociños, ás veces, cun cheiro penetrante:
unha mestura a “nenuco”, naftalina e chamusco que asolaga o corredor do bus, de
proa a popa.
Ás veces, estes cheiros esváense polo efecto da física
cuántica e quedan no aire, en suspenso, coma partículas sudoríparas anónimas.
Pero outras, teñen nome e apelidos e o nariz lévache sen remedio a un destes
viaxeiros que mesmo cheiran que alcatrea, coma si desde que foran bautizados
non se lavasen na súa vida.
Xa coñecemos que hai crise, e que alguns non poden mercar
“chanel nº 5”, pero eso “non é óbice nin
cortapisa” para que, en prol dunha sa e pacífica convivencia, procuremos
entre todos ter un mínimo de decoro. Para esto non fai falla moito, só un pouco
de xabón e auga, porque tampouco se trata de ser ben xeitosos ou ires peiteados
coa raia ao medio todo o día.
O que verdadeiramente ponche fóra de cacho é cando algún
viaxeiro que vai de pé bate as ás levantando o brazo-xa sexa o dereito ou
esquerdo-, para agarrarse como poden da varanda do bus. Aí é onde miras e
percibes ese cheiro penetrante que ven das profundidades insondables daquel
corpo e que no verán sae, sen dúbida, do suor do seu sobrazo, e que deixa un
cheirume en todo o perímetro que non o esquecerás mentres vivas.