día y hora

lunes, 23 de abril de 2012

HOMENAXE A JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA-JOHÁN CARBALLEIRA-, NO 75 CABODANO DA SÚA MORTE-Publicado no Faro de Vigo, 01-05-2012-

Lola López Villanueva e Guadalupe Vizoso Aldao

´Xosé Mª.Alvarez Cáccamo, poeta, adicando unhas sentidas palabras

Xosé Novas Piñeiro e Xosé Mª.Alvarez Cáccamo

HOMENAXE A JOSÉ GOMEZ DE LA CUEVA-JOHÁN CARBALLEIRA- NO  75 CABODANO DA SÚA MORTE 

Moito se ten dito nos eidos político, xurídico, periodístico e literario verbo dos acontecementos vividos e sofridos por homes e mulleres, fusilados, represaliados e desaparecidos na guerra civil española. As testemuñas desgarradoras de pais, nais, fillos, netos, familiares e amigos de todos aqueles que polo  feito de pensar de xeito diferente i exercer a súa liberdade de expresión foron afastados , cobran vida cada ano coma este que ven sendo a homenaxe non só a unha persoa en particular, senón a todas aquelas que foron subvertidas por un réximen  que con alevosía e premeditación tentou aniquilar a conciencia da xente de ben.

            Sirva estas palabras e o poema que deseguido direi para expresar o sentimento de gratitude en col de tódalas persoas que deron a súa vida para que nós tivésemos unha oportunidade de coñecer a democracia e a liberdade que son as nosas  señas de identidade  máis prezada. Escollo tamén uns párrafos de dous artigos periodísticos  meus, publicados en prensa:  “Xaque mate, Xuíz Garzón”, publicado no Faro de Vigo o 24-02-2012, e “Hai que ter memoria”, que veu a luz no Diario de Pontevedra o 2-03-2012. O Poema fai referencia á dramática despedida de Johán Carballeira nunhas breves liñas escritas no reverso da foto da súa noiva,  hora e cuarto antes de  ser fusilado.

“Hai que ter memoria” (Diario de Pontevedra, 02-03-2012)

……  Comprobamos  as facianas das persoas  represaliadas, desaparecidas ou mortas  e que son os verdadeiros  dramatis personae  e o vivo reflexo  de cidadáns con vidas tan cotiáns coma as nosas: Mestres, mariñeiros, alcaldes, amas de casa, etc, mulleres e homes que sufriron , horresco referens, o absurdo dunha contenda sen sentido. Sobre colleume especialmente o recordatorio escrito no reverso da foto dos fillos pequenos dun preso , que agardando a norte na cárcere díxolle aos seus a modo de artículo mortis: “Douvos un bico de despedida e o derradeiro adeus, sen poder estreitar os vosos corpiños contra o meu corazón”. O dito nestas palabras que levan a dor ferida na alma reflexa a sin razón dunha etapa da nosa historia que non debemos esquecer, porque como dixo Virxilio hai moito tempo :Vivit sub pectore vulnus, a ferida vive baixo o peito.



“Xaque mate, Xuíz Garzón”(Faro de Vigo, 24-02-2012)

…….A persecución destes delitos non é unha teima do xuíz Garzón, é un deber e un dereito de toda persoa de ben por coñecer, no caso dos miles de desaparecidos durante o franquismo, qué foi de todos aqueles que polas súas ideas políticas un día desapareceron para sempre, deixando orfos aos seus familiares e tamén a un país que viviu denque aquela no ostracismo político durante demasiado tempo.



POEMA

Ás sete da mañá haberá silencio contido na Vila,

a lúa deixará de brillar, mingua a noite e medra o día.

 O mar tinxido de morte cando sexa as sete da mañá,

asolagará as fragas, as conciencias mudas, e a miña vida.



Cando espertes comezará un novo día.

Soarán as campás ás sete da mañá,

será entón a nosa despedida, meu amor,

i eu pensarei en ti, e ti en min, en paz.












domingo, 22 de abril de 2012

"FUTBOL ES FUTBOL"- Publicado en el Faro de Vigo, 29-04-2012-


FUTBOL ES FUTBOL

Que “el fútbol es el opio del pueblo” es una frase que  desconocemos su procedencia y autoría, pero que en estos tiempos de crisis económica no puede estar más presente. Yo que no soy muy futbolero que digamos ni militante de ningún equipo, aunque reconozco tener mi corazoncito como en  política, fui testigo el pasado sábado del partido del siglo entre el Barça y el Real Madrid; y en el mejor escenario posible, al margen claro está de un estadio de fútbol, como lo puede ser un bar o cafetería. Acompañado de propios y extraños viví en primera persona desde la barra con interés y no poca emoción los momentos álgidos de la contienda, y también porque no decirlo, los más soporíferos.

            Cada uno de los que estábamos en el bar intentamos durante 120 minutos-incluyo aquí los prolegómenos y el tiempo reglamentario de descanso más las prórrogas concedidas por el árbitro-,olvidar nuestras penas y desventuras, acompañados de nuestra pócima más deseada, llámese caña de cerveza, cubata o descafeinado de máquina con sacarina algunos; consumiciones que debido a la crisis y sus efectos perversos hicimos todo lo humanamente posible para estirarla el tiempo que duró el juego: Un partido un café; ante el cabreo disimulado y la resignación de los dueños del establecimiento que bien hubieran deseado hacer su agosto en pleno mes de abril. Soportamos estoicamente en fila india en la barra del bar o mezclados entre  taburetes y mesas el lance del juego. Es curioso comprobar las miradas entrecruzadas, los suspiros…, y los ¡Ay! o los ¡Huy! contenidos cuando  la pelota lanzada con maestría por el delantero rozaba la cepa del poste izquierdo-o derecho, que aquí no existe distinción política-, de la portería, correspondida como Dios manda por la procacidad y estirada imposible del cancerbero.

            Ahora no afortunadamente, pero cuando permitían fumar- y   hasta escupir en el suelo-, el humo se podía cortar con la mirada.

            Cierto es que hay bares más vocingleros que otros, y eso se nota intramuros  pero también fuera de la fortaleza.

            Los hinchas o simpatizantes de uno u otro equipo, ataviados algunos con la indumentaria reglamentaria como si fuese el jugador número 12, proferían insultos medidos y reprimidos debido quizás por el entorno no tan hostil como el de un estadio de fútbol, y buscaban miradas cómplices y furtivas que recorrían el perímetro del establecimiento, mientras algún alma solitaria y despistada mostraba su indiferencia reflejando sus propias frustraciones en la máquina tragaperras, abducido por su encanto, esperando que aquella le resolviese la vida  y de paso sus dudas terrenales.

            El resultado fue el que fue, ya sea para el regocijo de los simpatizantes del equipo ganador y el cabreo y frustración del perdedor; pero eso es lo de menos. Lo que realmente importa, y en esto creo que  estamos todos de acuerdo  es en lo siguiente: Ya seas creyente, agnóstico o ateo; defensor o detractor, simpatizante o militante,   no cabe duda que a nadie deja indiferente este deporte de masas, nuestro balompié, porque como dijo un día aquel entrenador  filósofo Vujadin Boskov, “El fútbol es Fútbol”.

"SOÑOS"


SOÑOS


Onte, despois do almorzo botei unha pequena soneca no sofá. Mergullei no mundo de Morfeo na metade do telexornal das 3 do serán. Foi breve, non máis de un chiscar de ollos, pero profundo. Ó contrario do que acontece case sempre, lembreime de todo cando espertei.

            En vez de estar cos ollos pechados, semella que vivín unha morea de sensacións telúricas e cósmicas. Ao redor de min amósanse seres mitolóxicos: reis e raíñas, trasnos e unicornios, anxos e fadas. I eu no medio daquela fraga paradisíaca andaba espido coma Adán no paraíso. Formaba parte do mundo da fantasía, non tendo máis preocupación que embolecar de cando en vez coa pola  dun ameneiro ou carballo.

            A inocencia compartida naquel mundo mitolóxico onde non existían normas escritas senon consuetudinarias provocaba nos seus habitantes un estado de ledicia universal. As treboadas e marusías ficaban fóra, e non afectaban a temperatura morna que dentro facía medrar, amodiño, as árbores, plantas e flores. Non existían conflitos nin liortas serias; as pequenas diferenzas resolvíanse polo eido do diálogo e o entendemento. A Xustiza era popular e humana,perdón fantástica.

            Naquela soneca tamén lembreime da poesía Machadiana e Lorquiana; da miña nenez, das ilusións esnaquizadas polas obrigas e polo paso do tempo; da teoría dos átomos de Demócrito e dos catro elementos da natureza de Empédocles.

            Entón espertei e volvín ó mundo real, e dixen polo baixo: “Deixade que disfrute do meu espazo de liberdade, un pouco máis”.