día y hora

sábado, 22 de febrero de 2014

Homenaxe a José Emilio Pacheco, poeta

Para un poeta, a mellor homenaxe é citar os seus propios versos. Velaquí un deles,

Meditación del Autobiógrafo

¿Con cuál ficción me quedo para no ver lo que soy?
¿Qué otra mentira invento para justificar mi vacío?

No importan los testigos ni sus reproches:
La falsificación de mi pasado
Me saldrá tan absurda que acabaré por creérmela.
(José Emilio Pacheco, poeta)
Cidade de México, 1939-2014

Julián Schabel, pintor neoexpresionista e director de cine estadounidense de orixe  xudeu

domingo, 16 de febrero de 2014

O "papel" dos nosos Xornais; publicado no Faro de Vigo, 23 de abril do ano 2014

O “PAPEL” DOS NOSOS XORNAIS

Pasou xa algún tempo dende que un teutón de toda a vida como foi Johannes Gutenberg, aló polo século XV, déralle un pulo definitivo á imprenta, invento comparado nos fitos da humanidade coa chegada da informática e mais internet. Dende aquela o papel, incluído o dos nosos xornais, non se discute: difusores da información e do coñecemento; compañeiro inseparable dos nosos parroquianos cando lle botan unha ollada ás novas lutuosas e á previsión do tempo e tamén, de esguello outros, á sección libidinosa de anuncios por palabras ou tamén chamada “breves” onde, entre outras, algúns anunciantes mesmo ofrecen ensinanzas completas doutras linguas coma o grego ou o francés.
            Coma min, ben sei que hai algún que outro romántico seareiro do papel dos nosos xornais. Ademais, non ten efectos secundarios; todo son vantaxes: non consume enerxía eléctrica, podes levalo debaixo do sobrazo, empaquetar o bocadillo, etc. E aínda por riba, hai vida despois da súa lectura, quero dicir que tamén ten outras “utilidades”; e para rematar: non lle facemos mal ao medio ambiente, porque é biodegradable.

            Por todo isto, eu, dende esta curta sección de opinión –de papel-, deste xornal desexo que a UNESCO proclame a candidatura do papel dos nosos xornais coma “ben tanxible” da humanidade, e coma dixo un día o máis grande fabulador que tivo Galicia, D. Alvaro Cunqueiro: Que dure mil primaveras máis!