día y hora

lunes, 19 de agosto de 2013

OCTOPUS (adicado a este becho tan saboroso das nosas rías)- Poesía

OCTO-POLBO
(octopus vulgaris lamarck 1798)
                                                       (nome científico)

Octopus, octópodo, octo- Polbo;
Oito tentáculos = oito pés; octo-Polbo;
Mimético; todo cabeza = cabezudo.
Come nécoras/espanta calamares.
Celme das festas gastronómicas;
Túzaro becho mariño;
Nabilleiro das nasas;
O rei da tinta da china a chorros;
Propulsor das profundidades da ría;
Krake mitolóxico dos mariñeiros;

Polbo de Beluso, polbo de Ermelo, polbo de Bueu,
Polbo de Cela, polbo- da- Ría,
Polbo dos pobos, de tódolos polbos do mundo,
Polbo da illa de Ons;
Polbo á feira; Polbo en caldeirada,
Tosta de polbo, empanada de polbo (de millo corvo).

Collo o mirafondos,
meto o meu brazo no mar,
e apégase, deseguido, un tentáculo viscoso;
tira de min ás profundidades
e non son quen de impedilo.
Polbo mergullador;
Pequeno cíclope desconfiado e solitario.
Excelso produto culinario, ás veces
profanado: polbo gratinado!, polbo frito!,
(outro polbo é posible).

Menú-do-Polbo fragmentado
en cen cachos cortados con tesoiras habilodosas
para seren despois aguilleados
por escarvadentes de piñeiro.
Polbos dos Deuses mitolóxicos;
O meu Polbo; o meu Pobo.