día y hora

sábado, 18 de febrero de 2012

O PERCEBE E A FLEXISEGURIDADE

"burato do inferno", illa de Ons

O PERCEBE E A FLEXISEGURIDADE

Ollei o Faro de Vigo o pasado sábado día 18 de febreiro, como adoito facelo, dende cartas ao Director e recuando atá chegar á portada (unha teima coma outra calqueira), e fixeime nunha nova que me deixou gratamente abraiado. Seica unhas mulleres de Oia e A Garda  veñen de pór en marcha un proxecto chamado “A Percebería”, que ven sendo unha cooperativa que, disque, sen intermediarios e a un prezo xusto, van vender por internet o noso crustáceo máis saboroso, o PERCEBE, ou se queredes chamalo tamén polo seu nome centífico “pollicipes cornucopiae”(Leach, 1824). Mesmo van facer visitas guiadas para que os ponteciais clientes teñamos de primeira man o coñecemento e comprobemos “in situ” de qué xeito adoitan extraer o devandito marisco das rochas batidas polo mar ferido. O segundo titular non pode ser máis siñificativo:”Queremos dar un pulo a este proxecto…..e sair do burato”, disque.

Estas afoutadas empresarias, coido que xa coñecen a Reforma Laboral, porque son o prototipo de mulleres FLEXISEGURAS i EMPRENDEDORAS, e co tempo, mesmamente poden acadar as súas propias franquicias e ser merecedoras das axudas que contempla a norma recén estreada. As galegas, e os galegos tamén, somos así. Con ese minifundismo autárquico que nos caracteriza, somos quen de pretender, ao mesmo tempo, a flexibilidade e a seguranza necesarias para acadar as nosas ilusións. Queremos ter algo seguro na nosa vida e a independenza imprescindible para non vernos sometidos ás rixidezes e ás ordes dunha empresa tradicional con esas eventuais modificacións substanciais das condicións de traballo, mobilidade xeográfica, ERES, despidos obxetivos, descolgues nos convenios colectivos, e outras caralladas semellantes. Meus parabéns para estas mulleres emprendedoras e que saiban que contan con todo o meu apoio. O de sair do burato, de momento, non  albisco unha solución a corto plazo, porque xa sabemos que hai marusía no mar e, nin os teimudos “mercados” nin os políticos vannos a poñer as cousas doadas. Ao millor, imos ter que mergullarnos todos dentro do “burato do inferno”, como xa o fixeron non hai moito aqueles valentes percebeiros da illa de Ons. Pax Vobiscum.

viernes, 17 de febrero de 2012

Análise da Reforma Laboral, 1 e 2 (Publicado en El Correo Gallego, 18-02-2012)

a illa de San Simón, ría de Vigo

ANÁLISE  DA  REFORMA LABORAL (1)
Despois da lectura do RDL 3/2012 de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral que entrou en vigor o día 11 de febreiro, a grandes liñas e referíndome especialmente á organización dentro da empresa ,  subliñamos una virada moi siñificativa na capacidade case en exclusiva que se lle concede a parte empresarial para decidir o funcionamento interno na mesma pola vía das modificacións sustanciais das condicións de traballo (artigo 12) afectando a xornadas, horarios, sistemas de quendas, cuantía salarial, sistema de traballo e o seu rendemento, e á non menos importante   suspensión do contrato ou reducción da xornada por causas económicas do artigo 13. Pero o que ten máis calado aínda é o abaratamento das indemnizacións por despido contemplado no artigo 18 dentro da extinción do contrato de traballo, tema este que supón unha espada de Damocles para os traballadores, sen dúbida. Semella que con esta reforma quérese mudar aquel principio xurídico coñecido no ámbito laboral como in dubio pro operario por estoutro de in dubio pra o empresario (permítome a licenza que me concede o diccionario Xerais da lingua). En definitiva, esta reformatio in peius para os traballadores agardemos que non sexa un consumatum est  feito á brava e que na discusión parlamentaria da norma pódase acadar un entendemento para suavizar algúns aspectos “quentes” da reforma, evitando unha eventual conflitividade laboral, cousa que nestes intres non é precisamente o que precisa nosa economía.



                 DE LA REFORMA LABORAL ,2 . (Publicado en El Correo Gallego, 18-02-2012)
En lo que estamos todos de acuerdo es, como dice la exposición de motivos del RDL 3/2012 de medidas urgentes para la reforma del mercado laboral, que con una tasa de paro cercano al 23% y en particular de los jóvenes menores de 25 años que alcanza el 50%, algo había que hacer y no admitía más demora. Lo que no está tan claro es que esta reforma de gran calado sea la más conveniente en cuanto a las formas. No pretendo analizar al detalle el contenido de este RDL, sino fijarme en la motivación que el Gobierno ha dado para llegar al convencimiento de que esta es la mejor, o la menos mala de las soluciones que había que adoptar para llevar a término una reforma de envergadura como esta, reproduciendo las palabras y los términos utilizados en el preámbulo de la norma: Extraordinaria y  urgente necesidad. Destrucción de empleo. Problema estructural. Necesidad de un horizonte de seguridad jurídica. Confianza. Lo que es un término novedoso, quizás ambiguo y no exento de contradicciones es que el objetivo de la reforma sea la FLEXISEGURIDAD. Por una parte se pretende fomentar y promover la contratación indefinida, estableciendo una nueva modalidad de contrato de trabajo indefinido para empresas de menos de 50 trabajadores, por ejemplo, y por otra incentivar la flexibilidad interna en la empresa como medida alternativa a la destrucción de empleo. Aquí lo dejo para su análisis.  

martes, 14 de febrero de 2012

MILUCHADAS FILOSÓFICAS- "DE LOS FALSOS ÍDOLOS"-Publicado en Faro de Vigo, 17-03-2012-

pequeño bosque de Boj, Lazareto illa de San Simón, ría de Vigo

DE LOS FALSOS ÍDOLOS

Algunos desearían verse reflejados en el espejo de ciertas personas que podemos calificarlas como “nuestros ídolos” y sienten una sana envidia, o no tan sana a veces, cuando aquéllas disfrutan de unos privilegios económicos, de dudosa reputación en ocasiones, o poseen unas habilidades naturales que en principio les hacen parecer distintos de los demás, elevándolos a los altares de una idolatría mal entendida.
        Quiero reivindicar desde aquí a la persona sencilla, cotidiana y honrada. A Vd. y a mí, por ejemplo, que no tenemos más pretensión que la de vivir nuestras alegrías y sufrimientos de la mejor manera posible; de la serena paz del anonimato, de la tranquilidad de disfrutar de un apacible paseo por la playa o el bosque, de poder compartir con las amigos la afición por la música o la lectura sosegada de un diario. “Nadie es más que nadie”, y por lo tanto, dejemos que esos “ídolos” de barro y de postín, fruto a menudo de nuestras frustraciones, se hundan en el mar profundo de nuestro olvido y tengamos la humilde convicción  de que a buen seguro, Vd. y yo disfrutaremos mejor de “esas pequeñas cosas” que nos regala la vida y que a esos “ídolos” en la mayoría de las ocasiones le son negadas.

lunes, 13 de febrero de 2012

TEÑO GRAFOMANÍA (Conversas coa miña Dorna)

Faro da illa de Ons

TEÑO GRAFOMANÍA (Conversas coa miña Dorna)
Estou verdadeiramente preocupado, E por qué, respondeume a miña Dorna, Pois voucho a dicir: Onte fun ao médico porque dende hai algún tempo teño unha sensación allea que me corroe as veas, e despois dunha exploración a fondo diagnosticoume con estas palabras, Milucho ti tes o padecemento da GRAFOMANÍA e, mal que che pese, es un GRAFÓMANO de moito coidado. Eu quedei nese mesmo intre sen sentido, a faciana esbrancuxada, os ollos birollos, as mans trementes, en definitiva, vin derreado. A pouco máis esborréxome da cadeira. Despois deste lapso, pregunteille de boca para fóra, Doutor, pero esta doenza é algo serio, Pode ser que sí, e tamén pode ser que non, respondeume enigmáticamente, i entón decateime que o meu médico era filósofo, e pensei: ¡Carallo, igualiño que Rajoy! Xa postos en igualdade de condicións  quedei algo máis tranquilo. Na anamneses do galeno (médico grego do século II) quixo coñecer os antecedentes familiares e persoais da miña doenza, e soltoume aquelo de, Tí de quén ves sendo, Eu contesteille que esta teima coido ven de atrás no tempo, pois teño uns curmáns que traballan no mundo da información periodística, e unha curmá catedrática de literatura española, e que esta incontinencia na utilización da palabra escrita xa a tiña noutra vida anterior. Ao dicir isto o galeno asentiu con un aceno de complicidade. Pero, ten cura señor Doutor, Milucho, penso que non, vas ter que levar esta teima  durante toda a túa vida. E lembreime nese intre do mito de Sísifo, de Ulises e de tódolos filósofos presocráticos.
Nota: Definición de GRAFOMANÍA(do grego Grafo e Manía): Manía de escribir ou compoñer libros, artigos,  etc. Definición de GRAFÓMANO: Que ten grafomanía. Ú.t.c.s.

Nota Final: Esquecín decirvos que como non existe medicamento para a miña doenza o médico aconsellóume o seguinte: "Milucho, aproveita os ventos favorables que che ofrecen os Deuses nestes intres da túa vida e pon proa a esa Ítaca particular que é a illa de Ons; mentres navegas escoita a fermosa canción do grupo Queen "Don´t stop me now" que quere dicir "non te me deteñas agora", con esa voz inimitable do malogrado Freddy Mercury,

domingo, 12 de febrero de 2012

EL GOBIERNO DESTAPÓ LA "CAJA DE PANDORA"(Publicado en Faro de Vigo, 21-02-2012 y El Correo Gallego, 28-02-2012)


EL GOBIERNO DESTAPÓ LA CAJA DE PANDORA

Según la mitología griega Pandora fue la primera mujer mortal creada por los Dioses a la que confiaron un cofre cerrado conteniendo un sinfín de habilidades y virtudes con el propósito de administrarlo prudentemente. Una vez destapado abruptamente, salieron de él enormes males que asolaron a toda la humanidad. Fue inútil cerrarlo a tiempo y lo único que se salvó a buen recaudo fue el espíritu de la esperanza, último consuelo que les  quedaría a los mortales en los tiempos difíciles.
         El Gobierno recibió mayoritariamente de todos los españoles el pasado día 20 de noviembre la “caja de Pandora” en forma de legitimidad democrática para que la gestionase responsablemente en la ardua tarea de gobernar un país sumido en las turbulencias financieras y económicas globales,  con el mandato de no abrirla violentamente, lo que contradice en principio la batería de reformas de gran calado que hemos conocido hasta ahora y las que están aún por llegar. La última, la reforma laboral aprobada en el Consejo de Ministro del pasado día 11 de febrero abrió la caja de Pandora, desatando entre la ciudadanía en general y en la clase trabajadora en particular no pocas inquietudes, por mucho que nos intenten convencer que es una condición necesaria para la recuperación económica. Ojalá no se haya equivocado nuestro Gobierno abriendo demasiado pronto la Caja de Pandora, porque de lo contrario ni siquiera nos quedará el consuelo de la esperanza en estos tiempos convulsos que nos toca vivir.