día y hora

viernes, 25 de noviembre de 2011

MILUCHADAS FILOSÓFICAS

Con este título tan  suxestivo pretendo amosar as miñas ocorrencias que agroman de cando en vez na miña mente. Case sempre xurden de algún acontecemento existencial e tamén coa aportación inestimable de todas aquelas persoas que me serven de inspiración. Pode ser que algunhas de estas MILUCHADAS FILOSÓFICAS -tamén podemos chamalos ensaios- acaden algún día as páxinas interiores de calquer xornal, igual que a miña DORNA cando a súa quilla bate manseliña na area.

  
 METERSE NA POLÍTICA
(Publicado en Faro de Vigo, 4 de Decembro 2011)
Estaba eu  tomando café e lendo a prensa no bar,  como adoito facer a media mañá, e non puiden resistir escoitar a conversa que estaba a suceder na mesa do lado. Dicíalle un á outro:” Oes ti: ¿Por qué non te metes na política?, é un xeito coma outro calquera de atopar traballo”. Non daba creto ao que estaba escoitando , porque ademais semellaba un conversa  seria; e aínda por riba un deles vestía un traxe  impecable, i era precisamente o que formulaba  a pregunta. Non considero  que levar ou non  traxe lle dea a un máis credibilidade, pero a cousa tiña o seu aquelo, porque continuaba dicindo o do traxe:”… O que pasa é que nestes intres- dicíao polo resultado das eleccións do 20N- eu de ti me metería nun partido político que estea de capa caída coma por exemplo o PSOE”. Non comprendía moi ben o quería dicir, e ademais eu coidaba que o mellor era meterse nun partido gañador coma o Partido Popular, poño por caso. O seguinte deixoume abraiado. “…Sí, porque nun partido político gañador todos queren aparecer na foto e mesmo hai cambadelas para estar en primeira , segunda e ata na terceira ringleira; non tes ningunha oportunidade. Pola contra, nun partido esnaquizado  algún militantes e mesmo cargos con peso na organización virarán e fuxirán  ás agachadas; aquí sí que tes una probabilidade de entrar e ires medrando, si  es un pouco pillo. Xa verás como despois dun tempo de espera as cousas tornararán distintas, porque está demostrado científicamente que as alternativas no poder son cíclicas; é como acontece na bolsa-tamén podemos chamala mercado de valores-, ¿me entendes?.... ¿Cándo investir?, pois cando o valor é máis baixiño, pasmón. Xa verás cómo  aos poucos, seguro que lle sacas algunha renda”.Os mercados non paran.
Recoñezo que hai que ter moita imaxinación para artellar semellante tesis. Eu non sería capaz.








 MENÚ-DO-DÍA  (Adicado aos meus amigos da cafetería Cosmos de Vigo)
Non sabe un ben o que pode dar de si una frase, ¿verdade?  Ao pronunciala   veñen a miña memoria algunas anécdotas vividas, e ata chegou mesmo a se converter en todo un estilo de vida e pensamento filosófico;  e aínda peor, a piques estivo de ser una práctica enfermiza. Lémbrome cando comía da cando en vez os xoves pola tarde na cafetería Cosmos de Vigo, na rúa Marqués de Valladares esquina Reconquista, todo un punto de encontro obrigado se o que queres é  tomar un bo café e unha mellor tortilla de patacas (recoñezo  que é moi difícil atopar outra igual). Nada máis abrir a porta facíase o silencio e os camareiros-tamén lles podo chamar os meus camaradas e amigos-mirábanme agardando que eu dixera a frase máxica: MENU-DO-DÍA, indicando, por suposto, que o que ía a xantar era precisamente  o menú do día. Tamén se utiliza a frase de marras para indicar un acontecemento meteorolóxico: se o tempo  alí fóra, poño por caso, facía un sol abafante,  estaba chovendo ou ía un frío que cortaba, a devandita frase supoñía que facía un tempo de carallo (outra palabra que tamén dá moito xogo), e por suposto xa adiviñaban o que quería xantar, matando deste xeito “dous coellos dunha caxatada” (esta expresión non é miña, está recollida no diccionario Xerais, e ven sendo “matando dos pájaros de un tiro”).  Sempre había  por medio un sorriso e a complicidade necesaria e incondicional  de seguir o chiste  ata o final. Xa dixen antes que a pronunciación da devandita frase representou un lema, un símbolo de identidade e mesmo formou  parte de un estilo de vida. Outra utilización de esta frase tan socorrida era, por exemplo, pra amosar as inclemencias pero esta vez no traballo ou mesmo na vida, que un xa non sabe donde escomenza un e remata a outra, se o día de traballo foi duro de roer, ou que simplemente as cousas  non foron coma agardabamos. É moi importante darlle a entoación axeitada cando pronunciemos a frase, e facelo con estilo; só uns poucos iluminados i elixidos somos quen de facelo. E por suposto, hai que ter moita, moita  retranca enriba, cousa que, según di a miña muller, eu estou sobrado demais; non sei se o di convencida ou é para amolarme.
 Para rematar esta “ Miluchada” filosófica  penso seguir dicindo a frase de marras cantas veces sexa necesario ; iso si, con sentidiño e facendo un bo uso dela, non vaia ser que alguén  sen sentido do humor non entenda  ben a mensaxe e diga  mirándote de esguello: “este tío parece un papán” , MENÚ-DO-DÍA, me está a dar.


martes, 22 de noviembre de 2011

Concerto de violín fin de carreira de meu sobriño Sergio

Nota:   escoitamos o III movemento do Concerto en Re mayor de L.V.Beethoven (1770-1827), RONDO. ALLEGRO, dentro da IIª parte do concerto. 
Fora do Auditorio o ceo estaba amoucado, chovía e facía unha pouca de friaxe. Dentro, a atmósfera era acolledora, propicia para disfrutar se cadra por uns instantes dun momento máxico. Fumos poucos os elexidos para escoitar o concerto "fin de carreira" de meu sobriño Sergio, no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de música de Vigo. Acompañado ó piano por Severino Ortiz Rey, poidemos  dar testimuña de este fermoso concerto, con prograna de J.S.Bach, Olivier  Messiaen e  L.v. Beethoven. Fumos quén de apreciar o sentimento e virtuosismo deste xoven talento que, de seguro, nos deparará no futuro inmediato máis seráns máxicos. Contendo o alento e a piques de bagoar algúns, lembrámonos de aquelas persoas benqueridas que, onde queiran que estean, gozaron tanto coma nós de este fermoso e inesquecible concerto. Como non podía ser doutro xeito, a puntuación acadada polos compoñentes do Xurado foi de unha merecidísima "Matrícula de honor", dando por rematado de este xeito brillante os seus estudos no Conservatorio de Vigo.   

domingo, 20 de noviembre de 2011

Percorrido pola praia de Beluso e porto de Bueu

De mañanciña e despois de preparar o almorzo, xa sabedes: zume de laranxa, café con leite e tostadiñas, imos facer un pequeno percorrido pola praia de Beluso e o Porto de Bueu. A mañán preséntase cunha temperatura morna, axeitada para este pequeno senderismo.; asemade a luz é perfecta pra disparar unhas cantas fotografías que den testemuña da nosa andaina. Coincide este día coa votación para as eleccións xerais do 20N, exercicio ó sufraxio que faremos cando voltemos a Vigo polo serán.
Para rematar iremos á Taberna da Viuda e Casa Quintela para dar boa conta dunha fecha de viño.

Comezaremos por unha visita á Praia de Beluso, parándonos no seu pequeno porto e contemplando unha panorámica da sua fermosa praia con algunhas casas que ainda conservan ese sabor mariñeiro de sempre.




A gamela, curmá da dorna.

Seguimos andando cara a Bueu e topámonos con unha pequena enseada:  A Robaleira,  que me trae moitas lembranzas de cando era neno.




A temperatura verdadeiramente é moi boa, non fai nadiña de frío. Xa divisamos Bueu alí ao fondo co seu  peirao  e a lonxa. Deseguido chegaremos a Bueu.
Damos unha volta polos seus fondeadoiros e cheiramos ese recendo que só percibimos ao carón do mar.


Como sempre acontece, non podo partir do porto de Bueu sen suliñar a importancia que lle dou a esta embarcación tradicional galega como é a nosa  Dorna. Estas son as miñas dornas:



Deixamos  o porto de Bueu con  este vídeo, porque xa é hora de mollar a gorxa tomando un grolo de viño:

 Despois de visitar a taberna da Viuda e Casa Quintela, dispoñémonos a xantar na nosa casa en Beluso. Observamos dende a terraza o ceo e semella que imos ter treboada. Contemplamos esta fermosa vista:



Saúdos dende Beluso.