día y hora

lunes, 7 de mayo de 2012

HOMENAXE ÁS NAIS-ASOCIACIÓN LÚA DE BEMBRIVE, 1 de Maio 2012

O pasado día 1 de maio no centro cultural Helios de Bembrive, as Asociacións de Mulleres Lúa e mais Eira fixeron unha sentida homenaxe-e van maís de 18 anos- ás nais desta parroquia tan fermosa de Vigo. Lúa leva coma asociación constituida 30 anos i este coma aos anteriores agasallaron ás socias de maior idade que foron Carmen Álvarez e Carmen Estévez; e tamén á veciña de Bembrive mais sobranceira, Clementina. Houbo unha morea de actos e amosáronse as actividades que as socias fan con tanto agarimo durante todo o ano.
         Helios estaba coma sempre ata a bandeira, cheiña de xente, e mesmo houbo cambadelas para conquerir a millor posición para contemplar os bailes i escoitar a música que desenrolabase dende o escenario.
         Rematou este día coa actuación do grupo Folk "Xarope de Uva", que xa vos expliquei un día que mudou non hai moito de nome, e a dicir verdade seica foi Paula-compoñente do grupo- e non Pepe  quen nos colgou a todos este San Bieito, e que dende aquel día levamos uns millor que outros con resignación.
Ao final convidaron aos presentes a un banquete que mesmo semellaba unha voda, con mantel, platos e unhas larpeiradas de moito coidado,  facendo perder o sentido a máis de un.



No hay comentarios: