día y hora

lunes, 7 de mayo de 2012

A FESTA DO MUIÑO DE FAUSTO EN COIRO, 5 DE MAIO 2012


Atlántico Diario.

A 'Festa do Muíño de Coiro', en Cangas, arranca mañá venres coa presentación no centro cultural pola Comunidade de Montes desa parroquia da 'Guía das Árbores do Muíño de Fausto', muíño arredor do cal ten lugar a festa o vindeiro sábado e domingo, destacando a noite folc do sábado con Xarope de Uva e Quempallou.
O forte da Festa do Muíño, que organiza a asociación cultural Cacarexo, está anunciado para o sábado e o domingo no Muíño de Fausto. Así, o sábado ás seis e media haberá unha mostra de baile e música tradicional cos grupos Ximalveira, Pandereteiras e grupo infantil de Lembranzas da Ría e Xente Xoven, rematando a xornada coa noite de folc cos grupos Xarope de Uva e Quempallou, aproveitando Quempallou para presentar o seu novo disco 'Vellas novas'.


No hay comentarios: