día y hora

lunes, 9 de julio de 2012

Festival do Acordeón, Bembrive 6 de Xullo, 2012

O pasado venres, 6 de Xullo fumos quen de disfrutar nesta parroquia de Vigo, Bembrive, do día adicado a este fermoso instrumento: o Acordeón. Organizado pola Entidade Local de Bembrive e polo noso director do grupo folk Manolo Olegario. Pasacalle pola rúa, tendo ao noso carón a fermosa igrexa románica de Bembrive con San Blas coma Patrón, concerto de acordeóns, grupos de gaiteiros, e coma non coa participación desinteresada coma sempre do noso grupo folk Xarope de Uva.




Pero o millor estaba aínda por vir.
 Unha vez rematado o festival na rúa continuamos a festa rachada en casa de Pepe ata altas horas da noitiña onde fumos quen de compartir uns momentos de ledicia cos nosos amigos e amigas.(Pepe é o que ten na camisa o nº2, porque esta vez e sen que serva de precedente compartiron "ex aequo" o nº 1, Manolo Olegario "Too Much, my friend" e un tal Juan Ruibal, o home da gaita e multifacético, que viu da Estrada para este multitudinario festival do acordeón, porque seica máis de 1000 almas déronse cita polas rúas da parroquia de Bembrive)Na casa de Pepe en Bembrive

No hay comentarios: