día y hora

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Invitación do Bar Iglesario en Cela (Bueu), templo gastronómico e tamén berce do viño TINTA FEMIA

 Manolo eo seu fillo Gustavo, Bar Iglesario Cela (Bueu)                                                                                        
Hoxe día 6 de Nadal, celébrase o cabodano da Constitución Española de 1978, trinta e tres anos xa da restauración da democracia  no Estado Español. Pois ben, este día tan  sinalado non foi escollido ao chou coma algún poida pensar, senón a conciencia, con aleivosía, premeditación  e tamén, porque non, con gañas de botarlle o dente a un bruño da ría e tomar un grolo dun caldo tan sorprendente ao paladar coma característico no seu cor e textura ,o Tinta Femia. Un viño sen etiqueta (non lle fai falla), nin sulfitos nin trapalladas de esas, que nin é caíño nin barrantes, simpremente é outra cousa ( “anguloso en boca con tremenda frescura, ligero de cuerpo y crujiente acidez, puro nervio, volvían defectos de verdor, pero seguía agradable, salvaje, diferente.”..como moi ben describe un entendido na materia na páx.web mileurismogourmet), que ten o seu nacemento nas ladeiras  doces e  mansas (seica hai perto de 185 hectáreas de viñedo  en Cela e a Cepa nai sementáronna  en 1782) de esta parroquia tan fermosa de Bueu como é Cela  onde o viaxeiro pode contemplar dende o adro da igrexa románica do século XII de  Santa María de Cela, ou tamén se se quere facer un pouco de sendeirismo dende o alto de Chans, unas fermosa panorámica que vai dende a  enseada de Bueu coas  Illas de Ons , Onza e Sálvora ao lonxe ata os lindeiros do concello  de Marín, co illote de Santos e a illa de Tambo, sempre sostendo a vista na outra beira da ría onde están esas vilas tamén fermosas coma son Portonovo, Sanxenxo e Raxó. Pois ben, fomos invitados (pagando nós por suposto) polo meu amigo Manolo, taxista de profesión con licencia no concello de Bueu, dono, titular e maître do Bar Iglesario, toda unha institución tanto culinaria coma vitivinícola. Agardábanos na entrada , a unha pegada do adro da igrexa de Santa María de Cela do século XII e díxome: Milucho e señora, porque o meu amigo é un cabaleiro dos de antes:¡ Vades a degustar un bruño  da ría especialmente escollido para esta ocasión que mesmo quita o sentido, xa veredes ¡. Eu ao escoitar a verba Bruño da ría lembreime de Poldo Mosquera, meu amigo, meu cuñado e e home que leva o mar nas súas veas, e dixen:



(Bruño: cría de centola ou centola junior, crustáceo decápodo, nome científico "maja Squinado", Herbst,1788)

 Vou dar testemuña deste crustáceo mariño facendo unha fotografía do devandito bicho , porque, de momento que eu saiba ainda non se inventaron as cámaras de fotos con cheiro  incorporado, haberá que estar moi atentos aos novos adiantos científicos. Pero non só comemos o devandito bruño da ría, tamén empanada de mexillóns e un arroz negro con chocos  que estaba para chupa-los dedos. Teño que decir que o bar Iglesario en Cela é moi coñecido no mundo mundial. Alí podeste atopar dende un madrileño de Carabanchel alto atá un Arxentino da pampa, e mesmo fálase nese templo gastronómico varios idiomas, non todos ao mesmo tempo,pero sí por separado, pois teñen mesmo na entrada un gabinete de traducción e interpretación, ¡Non Problem! Despedímonos do noso amigo Manolo e máis do seu fillo Gustavo facéndonos unha foto, como Deus manda, dentro da barra do restaurante  e brindando , coma non podía ser doutro xeito, con unha fecha de viño variedade vitivinícola TINTA FEMIA. Deica pronto.
Coma agasallo, dedícolle ao meu amigo Manolo e a súa familia a canción de Andrés Dobarro:" o tren que me leva pola beira do Miño".
) Cela, praia de Agrelo e paseo por Bueu (incluindo o encontro cos meus amigos Emilio e Carmen

1 comentario:

O criollo dijo...

Amigo Emilio y compañia ,lindo fotoreportaje , me gusta mucho tu blog y estoy leyendolo con mucho interes , que bien currado lo tienes ,asi que me dieron ganas de hacer uno ,aver lo que sale ¡¡
Un abrazo
Emilio