día y hora

martes, 22 de noviembre de 2011

Concerto de violín fin de carreira de meu sobriño Sergio

Nota:   escoitamos o III movemento do Concerto en Re mayor de L.V.Beethoven (1770-1827), RONDO. ALLEGRO, dentro da IIª parte do concerto. 
Fora do Auditorio o ceo estaba amoucado, chovía e facía unha pouca de friaxe. Dentro, a atmósfera era acolledora, propicia para disfrutar se cadra por uns instantes dun momento máxico. Fumos poucos os elexidos para escoitar o concerto "fin de carreira" de meu sobriño Sergio, no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de música de Vigo. Acompañado ó piano por Severino Ortiz Rey, poidemos  dar testimuña de este fermoso concerto, con prograna de J.S.Bach, Olivier  Messiaen e  L.v. Beethoven. Fumos quén de apreciar o sentimento e virtuosismo deste xoven talento que, de seguro, nos deparará no futuro inmediato máis seráns máxicos. Contendo o alento e a piques de bagoar algúns, lembrámonos de aquelas persoas benqueridas que, onde queiran que estean, gozaron tanto coma nós de este fermoso e inesquecible concerto. Como non podía ser doutro xeito, a puntuación acadada polos compoñentes do Xurado foi de unha merecidísima "Matrícula de honor", dando por rematado de este xeito brillante os seus estudos no Conservatorio de Vigo.   

No hay comentarios: