día y hora

miércoles, 8 de febrero de 2012

Miluchadas filosóficas: "O leito baleiro"(Publicado en el Correo Gallego, 14-02-2012)- Don ERE que ERE(Publicado en Faro de Vigo, 12-02-2012)

O LEITO BALEIRO (Publicado no diario "El Correo Gallego", 14 febrero 2012)
Subín á habitación, entrei paseniño porque era a hora da sesta, mirei ao redor e comprobei que o leito do medio estaba ocupado por outro doente. Preguntei a algúns familiares, e dixéronme que o anterior morrera antonte.
        Así é a nosa vida. Ocupamos, dun xeito indolente, espazos vividos antes por outras persoas. Temos ás veces a sensación de que a nosa vida non nos pertence e que noutros tempos existiu alguén que pensaba, sorría e adoecía coma nós mesmos. E así acontecerá no futuro. Sempre haberá un que teña as nosas mesmas inquedanzas, os nosos desacougos, a dor ferida das nosas ilusións. O leito baleiro non será tal, senón unha prolongación da nosa propia existencia.

DON ERE QUE ERE (Publicado en el Faro de Vigo, domingo 12 de febrero de 2012)

Parafraseando o título da célebre película "Don Erre que Erre", protagonizada por Paco Martínez Soria alá nos anos 70 do pasado século, seica está de moda os ERES (expedientes de regulamento de emprego), ou tamén chamados “expedientes de despedimento de traballadores”, porque este é en moitísimos casos a súa única finalidade. Temos ERES en todos os sectores económicos e para tódolos gustos: De suspensión, extintivos, temporais; hainos de inverno, de verán, pequenos e longos segundo afecte a poucos ou a moitos traballadores.  Como acontece co actor da devandita película, os "Don Eres" son teimudos e utilizan esta práctica enfermiza para desprenderse dun xeito doado e rápido dos seus traballadores, aproveitando as facilidades que lle da a actual lexislación laboral. O que ocorre é que este xeito encuberto de despedimento de traballadores é un fraude de moito coidado porque ao final, e tamén ao principio, a gran parte do custo económico recae sobre todos nós a través dos fondos públicos. Por este motivo, non estaría mal aproveitar a reforma laboral e o seu desenrolo posterior para que aqueles "D. Eres" que intenten utilizar este xeito sutil de despedimento de traballadores apanden con todo o custo do procedemento.

cantís na illa de Ons

No hay comentarios: