día y hora

sábado, 20 de octubre de 2012

"MIRAMENTOS", poesía


MIRAMENTOS
 

Podería estar toda unha vida contemplando este mar  azul cyan.

 As lenes vagas cabalgan enriba do manto da súa pel,

dourando a epidermis mariña pola tenue raiola asustadiza.

Participo desta quietude, violentada ás veces polo grallo

crebadizo dunha pardela solitaria, e reparo, que no horizonte,

transcurre a lenta navegación dun pequeno cargueiro

que, quizais, leve no seu ventre a semente que fecunde a terra estéril.

Contemplo ao lonxe cómo transcurre o tempo sosegado do presente,

para poder mergullarme de novo no pasado irrecuperable e no porvir dubidoso.

O sol morno e tímido adurmiña os meus pensamentos.

Unha rosa murcha, avermellada e fragmentada espalla os seus pétalos polo chan,

e así ficarán  inertes, ata que o vento húmido e fresco do solpor

borre para sempre as súas lembranzas. 

Será breve o letargo cando a escuridade se apodere da súa figura:

a rosa, o mar; a rosa , ata que novamente esperte para a vida.

 

 

No hay comentarios: