día y hora

viernes, 22 de noviembre de 2013

E= mc2

E=mc2

Vou tentar explicar, revirando á mantenta e co permiso do egrexio científico Sr. Einstein, a súa coñecida, dabondo, fórmula da teoría da relatividade: E= mc2.
 Non vou falar da antimateria, nin da enerxía, nin da masa e a velocidade da luz, non. Vou aplicar, ó meu xeito, a devandita fórmula coma axioma para demostrar científicamente o que no Estado español e, daquela na nosa Terra, está a acontecer cos asuntos que máis nos desacougan.
            En primeiro lugar, se falamos da clase política, resulta que estamos afeitos á mediocridade e á corrupción, indicando a fórmula de marras que, exponecialmente, os nosos gobernantes fan do seu cu un pandeiro con todos nós.
            Por non falar do que acontece no eido da cultura. A ver quen é o afoutado que pretende ir ao cine, ó teatro ou entrar nunha sala de concertos, despois da subida do IVE ó 21%. Polo tanto, o resultado non pode ser outro que menos cultura.
            No emprego, tampouco estamos para moitas gaitas. Cunha taxa de desemprego do 26%, e despois da derradeira reforma laboral que deu á doután a milleiros de despedimentos, eres, rebaixa salarial, etc, temos como resultado máis conflitos, menos contratación e menos consumo nas familias.
            Rematamos cun asunto que eu coido dos máis importantes porque afecta á calidade de vida de todos nós: o medio ambiente. A polémica sentenza do caso Prestige e as súas consecuencias non deixa lugar a dúbidas: máis contaminación.

            Se hai alguén que sexa capaz de refutar o meu particular axioma que mo diga, por favor.


No hay comentarios: