día y hora

lunes, 7 de abril de 2014

"A recta do Peón"; cartas ao director; publicado no Faro de Vigo, 16-04-2014

"A recta do Peón"

Ao final da “recta do peón”, na parroquia de Beluso, vindo dende Bueu, á man esquerda, hai unha beirarrúa que se utiliza a miúdo coma aparcadoiro de coches. Abofé nela existe un supermercado que está aberto tódolos días do ano –tamén os festivos-, e algúns desaprehensivos non tellen mellor que facer que ires de compra metendo o morro dos seus automóbiles ata o mesmo andel onde podemos atopar o leite desnatado. Non será por falla de aparcadoiros nos arredores, arre demo!
            Ademais de escarallar e emporcar o lousado da berarrúa con graxa e manchas de aceite, é un perigo evidente para os peóns, nenos e persoas maiores principalmente, que teñen que andar ollo a boia para non seren mancados por eses ferranchos con rodas cuspindo fume, porque non só aparcan, senón que tamén circulan coma se tratase dunha parada en boxes de fórmula 1.
            A cousa vai de mal en peor cando respírase a proximidade do lecer das pontes de fin de semana, pero sobre todo na chegada do verán. Nestas datas a desfeita é total, non ten remedio, e as bucinas dos coches, uns querendo saír dos seus lexítimos aparcadoiros nos edificios, e os  que pretenden poñer teimudamente as catro rodas na beirarrúa, semella unha desas películas dos irmáns Marx.
            Descartando, por razón prácticas, a idea de chamar aos municipais, día si e outro tamén, e reixetando, pola propia seguridade persoal, andar en liortas cos condutores por mor de que lle poñan a un un ollo mazado ou á funeraria, a solución pasaría por poñer nesta beirarrúa uns bolardos, como Deus manda, non precisando, coido, arrincar os norays do peirao de Beluso ou Bueu, poño por caso.

Señor alcalde da Vila de Bueu: faga o favor!

No hay comentarios: