día y hora

viernes, 4 de noviembre de 2011

canción de Jhon Denver: Annie´s Song

 
Hai cancións que permanecen para sempre na nosa memoria, no mundo das ideas como diría Platón."Nada do que acontece no mundo dos sentidos permanece, pero sí no mundo das ideas que son eternas e inmutables". Cando escoito esta canción de Jhon Denver: Annie´s Song, lémbrome da música que escoitabamos na boite “el gato azul” de Bueu  na década dos setenta:

Enches os meus sentidos
como unha noite no bosque.
Como as montañas na primavera,
como un paseo baixo a choiva.
Como unha tormenta no deserto,
como un somnolento océano azul.
Ti enches os meus sentidos,
ven e éncheme outra vez.
Ven e déixame amarche,
deixa que che ofreza a miña vida.
Déixame afogarme no teu sorriso,
déixame morrer nos teus brazos.
Déixame repousar ao teu lado,
déixame estar sempre contigo.
Ven, déixame amarche,
ven e ámame outra vez.
Déixame ofrecerche a miña vida.
Ven, permíteme amarche.
Ven, ámame de novo.

No hay comentarios: