día y hora

lunes, 26 de diciembre de 2011

Cea de Nadal, grupo folk Xarope de Uva, Cela-Mos


Por fin  chegou o día que estabamos todos agardando: a cea do noso grupo folk Xarope de Uva. Pepe, o compoñente máis veterano do grupo e o artífice, xa vos dixen, do nome de marras,  nos levou ao Cú do Mundo,  nun lugar que só el coñece chamado “Tapería Fani”, ou tamén “a casa do Yeyé”, en Coto-Carballeira nº27, Cela-Mos. Xa me diredes, con ese nome e con esa dirección, quén carallo vai a atopalo. Pois ben, Pepe puxo a andar o GPS do seu automóbil e……..fallóu coma sempre, andivemos monte enriba, monte en baixo, deambulando sen rumbo perante toda a noitiña, atá que, por fin divisamos unhas luces no cumio dun penedo, e alí  estaba . Subimos os nosos aparellos musicais e puxémonos a xantar e a darlle ao viño antes da nosa actuación estelar. A comida estaba moi boa e o prezo  xa non digamos…..mereceu a pena. Recomendamos a casa do Yeyé para todos aqueles que teñan un GPS actualizado e conectado coa NASA.

1 comentario:

Merche - Cádiz dijo...

Aplausos para vuestro grupo, se ve que lo pasais en grande, de lo cual me alegro.