día y hora

lunes, 23 de enero de 2012

Miluchadas Filosóficas (Adicado a Rajoy)


praia de Portomaior (Cela-Bueu)
                                                RAJOY, O NOSO PRESIDENTE FILÓSOFO
Estamos afeitos a que o Sr. Rajoy, o noso Presidente do Goberno segundo resultou das eleccións do 20 de novembro pasado, nos deixe abraiados con esas saídas súas (e tamén nosas, porque os galegos somos así), que de cando en vez adoita a decir nalgunha entrevista, mitin, ou conferencia. A derradeira  “perla filosófica” botouna nunha xuntanza hai pouco, e mesmo dou a volta ao mundo cando dixo, a propósito da hipotética subida de impostos, especialmente o IVE, aquelo de “nada é eterno”, ou dito en latín “nihil aeternus est”. Este pensamento filosófico xa sabemos que non é do Sr. Rajoy, senón dun filósofo chamado Heráclito de Éfeso que vivíu en Asia Menor alá polo ano cincocentos  a.de C. Foi este filósofo quen dixo un día como outro calqueira: “Todo fluie, todo está en movemento e nada, nadiña dura eternamente”, e así ficou tan pancho. Así que por mor de esta frase que soltou o noso Presidente naquela conferencia cheiña de empresarios eu atrévome a chamalo “o noso Presidente filósofo”. Xa o dixen ao principio que nós os galegos tamén somos un pouco filósofos verbo das nosas relacións interpersonais, senón velaquí uns exemplos sobresaíntes e que adoitamos utilizar a cotío nas nosas conversas: “…pode ser que sí…ou pode ser que non”, que traducido ao castelán quere decir: “ni sí ni no, sino todo lo contrario”; .. “nin vou alí, nin fago falla”,…”por un lado non o sei e por outro qué queres que che diga”;  e así unha morea de exemplos que nos caracterizan como homes e tamén mulleres con pensamentos filosóficos propios, e que deixan aos nosos interlocutores atordados, desmontados e sen argumentos.

No hay comentarios: