día y hora

martes, 14 de mayo de 2013

Eu tamén son Irmandiño

O Sábado día 11 de maio tivo lugar en Vigo o acto de nomeamento dos novos Irmandiños da Irmandade Xurídica Galega (IXUGA) onde figuran, entre outros, maxistrados, fiscais, xuíces, avogados, funcionarios da  administración de Xustiza, etc. Para min é todo un honor , coma avogado, formar parte desta Irmandade Xurídica que ten coma principio básico o uso do noso idiona, o Galego, no eido do Dereito.
Este ano, a Irmandade Xurídica Galega rendíu unha merecida homenaxe ao ilustre avogado, que este ano cúmprese o 115 anos do seu nacemento en Moaña, D.Roberto González Pastoriza,  un xurista de lei e referencia obrigada á hora de falar do dereito consuetudinario galego, portando na súa andaina profesional diaria a bandeira da nosa lingua.

En presenza, entre outras personalidades, do Fiscal Xefe de Galicia, o Presidente da Sección segunda da Audiencia Provincial, e como asistentes o recén elexido Presidente da Real Academia, fíxéronnos entrega dun diploma acreditativo aos novos Irmandiños, despois de asinar o noso compromiso de utilizar o idioma Galego na nosa actividade profesional, así coma unha medalla da Irmandade Xurídica.

(na imaxe, Milucho con toga; á dereita, Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia)

No hay comentarios: