día y hora

martes, 14 de mayo de 2013

As cagallas dos nosos cans, publicado no Faro de Vigo o 19 de maio de 2013


As cagallas dos nosos cans

Os nosos cans e cadelas teñen dereitos, pero non obrigas. Explícome. Dereitos porque, cando saen a rúa na nosa compaña, teñen tamén dereito a facer o derradeiro treito da súa dixestión en algures, e nós, os seus donos, temos a obriga de recoller as cagallas ou feces e pousalas, coma Deus manda, nos colectores que, para tal fin, ten que haber nas nosas vilas. E aquí quero facer unha súplica, tanto ás autoridades coma a nós mesmos, os afortunados donos de ter a un destes cans ou cadelas coma compañeiros de viaxe. Unha súplica ás autoridades para que repoñan as bulsas destas papeleiras con asiduidade e non agardar a caída da folla en Outono. O outro día fun dende Coia ata Teis, e non atopei ningunha dispoñible. E unha petición tamén a nós mesmos para que non sexamos tan luras e arrinquemos amodiño, unha a unha, a ser posible, e non todas á vez, as bulsas destas papeleiras caninas, deixando aos demais donos cos fociños dunha cuarta. 

No hay comentarios: