día y hora

lunes, 8 de julio de 2013

Chegou a hora da Xustiza, publicado no Diario de Pontevedra, 10-07-2013

CHEGOU A HORA DA XUSTIZA

O proceso doloroso  do arbitraxe das preferentes e subordinadas rematou cun sentimento agridoce. Moitos conqueriron, por este medio extraxudicial, o que é de seu: os seus aforros. Pero moitos máis, moitísimos, quedaron na cuneta a velas vir, comprobando como minguaban os seus cartos por mor dunha quita forzosa que ninguén, ata o de agora, foi capaz nin de explicar, nin moito menos de convencer.
            Agora tócalle á Xustiza recompoñer un crebacabezas que deixou polo camiño amizades esnaquizadas, confianzas finiquitadas e moita, moita carraxe contida perante dunhas entidades financieiras que, en moitos dos casos, só preocupáronse de sí mesmas, non estando á altura das circunstancias.
            A Xustiza ten que ser capaz de sandar as feridas inflixidas, arranxando o dano causado aos afectados, poñendo punto e final a un conflito que endexamais debeu acontecer. A Xustiza,  como di o noso código civil, non debe ser allea a esta realidade social, verdadeiro dramatis personae; e ten que ser capaz de dar, para cada caso, unha resposta axeitada e xusta.
            Os nosos parabéns para aquelas 36.000 persoas que atoparon, por fin, o final do túnel, recuperando os  seus aforros. Pero non debemos esquecer á maioría dos afectados que agora van principiar, con preocupación, unha andaina xudicial para moitos descoñecida.
            Mais que nunca temos que lembrar a definición de Xustiza que formulou, séculos atrás, un tal Domicio Ulpiano, filósofo e xurista romano, cando dixo dela: “suum cuique tribuere”;  é dicir, dar a cada un o que é de Seu.


No hay comentarios: