día y hora

jueves, 14 de noviembre de 2013

Poemario Mirafondos, "enquistamento"- poema

(enquistamento)
 

Asomo a faciana
fóra da ventá do despacho,
o aire fresco e húmido da ría
alíviame,
a carga de traballo
amoréase en outeiros
de expedientes, agardando que
unha man piadosa
ceibe un deles do seu letargo
e pegue un chimpo
cara ós xulgados
onde repousará o soño dos xustos
ata que un funcionario,
talvez, un secretario
xudicial lle dea traslado,
unha vez subsanado
o defecto procesual oportuno
e abeire, por fin, no titular do xulgado
quen, deste xeito, desenleará
este procedimento ordinario
que, sen comelo nin bebelo,
quedóuseme atoado.

No hay comentarios: