día y hora

lunes, 2 de diciembre de 2013

Poemario "Mirafondos", poema adicado a unha Rosa

Onte non che puxen flores,
                                               síntoo;
aquelas rosas vermellas que
con tanto agarimo
embelecías o floreiro azul,
preto do peitoril da ventá;

dende aí mirabas o mar e tamén
a illa pendurada
na liña do horizonte que tanto
che engaiolaba;

o frío de Decembro,
inqueda nostalxia,
borrou o teu sorriso,
rosa vermella
 para sempre,
e quedou murcha,
rosa roseira,
a miña Rosa;

onte non fun quen
de poñerche flores,
                                               síntoo
de veras con toda
a miña alma.


No hay comentarios: