día y hora

domingo, 9 de febrero de 2014

Poemario "Mirafondos": amnesia

                                                                     (Amnesia)

Achego o carolino de tinto femia
aos meus beizos fendidos
e unha pinga trémula esvara
polo queixelo ata caer
na páxina dun xornal, enchoupando
a sección de sucesos;

Un ferido por arma branca
desángrase ata morrer
ao carón dunhas nasas
amoreadas preto da rampla
do peirao; no peto esquerdo
da súa chaqueta…”

Tento limpar cun pano de mesa
o recadro da nova lutuosa
pero non son quen de adiviñar,
a mancha tinxida de viño
esborrancha as palabras;

boto o derradeiro grolo,
meto a man na billeteira,
e no reverso dun billete
de vinte euros advirto a miña

propia letra ensanguentada.

No hay comentarios: