día y hora

lunes, 3 de febrero de 2014

Poemario "Mirafondos": (ambigüedades)

                                                                               (ambigüedades)


Non me amola que deixes
a tapa de rosca do xampú
sen pechar…

Hai corredoiras
que se bifurcan e
xamais se atoparán…

Non me molesta que
deixes os pratos no vertedoiro
sen lavar…

Os días inmóbiles
vanse sucedendo
 paseniño…

Non me ofende
que non recollas a roupa
guindada no cuarto de baño…

O rasgueo dunha guitarra
desafinada  creba
o silencio doloroso…

Non me importuna
que teñas a luz da mesa de noite
acendida mentres procuro
conciliar o soño…

O aire abafante
sementa de dúbidas a noite.




No hay comentarios: