haikus (do mar e da terra)
(pequena homenaxe a Rosalía de Castro)
Haiku
é unha composición poética de orixe xaponés de tan só tres versos (de 5, 7 e 5
sílabas, sen rima principalmente). Cómpre destacar ao poeta Matsuo Bashoo
(1644-1694) coma un dos seus representantes máis sobranceiros.
Escritores e poetas contemporáneos como Julio Cortázar ou Mario Benedetti servíronse tamén desta sinxela forma de expresión poética.
I
A maina
choiva
calma a
sede na veiga
en
Primavera
II
Aló no
facho,
na noite
acazapada,
todo é
silencio
III
Ruxen os
ventos
e o mar
alporízase,
loito no
ceo
IV
Linguas de
terra
esvaran
pola ría
de
Pontevedra
V
Un mar de
leiras
coma campos
labrados
sonche as
bateas
VI
Alén das
illas,
un océano
de vidas
de
sufrimento
VII
Chora
Galicia,
unha bágoa
de orballo
pinga na terra
VIII
Non, nunca
antes,
non digas
nunca xamais,
nunca mo
digas
IX
Poesía
vital
nos versos
de Rosalía
da terra e
do mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario