Preferentes e Subordinadas: final dun longo proceso
Os que adoitamos a traballar nos xulgados levando,
entre outros asuntos, a defensa xurídica de persoas afectadas polo drama das
Preferentes e Subordinadas temos a sensación de estar a presenciar o final dun
proceso xudicial que, segundo datos estatísticos do poder xudicial –CGPJ-,
estalle dando a razón sen paliativos aos clientes das antigas caixas de aforros
galegas. Moitas propostas de acordos transaccionais ateigan estes días os
despachos de procuradores e avogados, e os que non foron quenes de acudir á vía
xudicial están recuperando pouco a pouco o que é de seu: os seus aforros,
despois de preto de tres anos de incerteza. Esperemos que todos, dunha forma ou
outra, recuperen axiña os seus cartos. Esto non sería posible, en primeiro
lugar, sen a tenacidade de todos aqueles que estiveron, noite e día, pelexando
nas Plataformas de afectados por recuperar os seus cartos; sin esa presenza
constante na rúa, e tamén exemplar, seguramente o troco (canje) das súas accións
efectuado en Xullo do ano pasado polo Fondo de Garantía de Depósitos,
ingresándolles nas súas contas de aforro parte do que lles debían, non sería
posible. En segundo lugar, á Xustiza que soubo dar en cada momento unha
resposta axeitada ás demandas dos cidadáns.
O
resultado desta desfeita a nivel financiero non foi outra ca desnacionalización
dun banco, que antes fora dúas caixas de aforros “made in Galicia”, comprado a
precio de saldo por outro alén das nosas fronteiras, operación aritmética
calificada por algún feiticeiro político como exemplar e rendible co resultado
de +1 -9 = -8, é dicir, que por tan só mil millóns de euros o novo dono
quedouse co premio gordo namentras todos nós aínda debemos pagar oito mil
millóns máis, a meirande parte aos nosos acreedores e socios europeos polo
rescate financieiro recibido: dos nosos petos furados, de onde van sacar os
cartos senón? Canto lumbrera matemático hai neste mundo arre demo!
A
lección aprendida, finalmente, debería ser que ademais de coñecer un pouco o
que son estes produtos financieiros tóxicos, coma as Preferentes e
Subordinadas, e para qué serve uns test de conveniencia chamados MIFID, estaremos a partir de
agora ollo á boia lendo con atención os contratos ou pedindo consello
profesional antes de que nola volvan a meter dobrada e para non meter máis o
zoco. E tamén que a forza da razón ten que prevalecer sempre sobre argumentos
revirados e interesados.
Estase
cumprindo a máxima da Xustiza: "suum cuique tribuere", é dicir, dar a cada un o
que é de seu, que formulara séculos atrás un xurista de Roma chamado Ulpiano.
Noraboa a todas e a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario