día y hora

martes, 6 de diciembre de 2011

IX PREMIO DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA


Johán Carballeira é o seudónimo de José Gómez de la Cueva,  poeta, xornalista e político galego. Iniciouse no xornalismo no ano 1923 nas páxinas de Faro de Vigo, colaborando noutros xornais e publicacións como El Pueblo Gallego ou Céltiga entre outras, destacando cos seus poemas ,narracións i entrevistas. En marzo do 1936 foi nomeado Alcalde de Bueu representando ao Partido Galeguista nas candidaturas do Frente Popular. Neste breve tempo foi responsable, entre outras iniciativas, de eliminar a utilización da dinamita no mar que tanto dano fixo  e ainda hoxe estase a facer en menor medida. Foi fusilado polo réximen franquista en Poio (Pontevedra) o 17 de abril de 1937. (As bases do concurso están publicadas en internet.)

***********************************************************************
"alea jacta es", la suerte está echada. Este es el artículo con el que voy a concursar al IX Premio de Xornalismo Johán Carballeira, según votación popular. Gracias a todos(as).
Pois ben, meus queridos amigos, curmás, curmáns e demais familia: Este modesto aprendiz, despois de iniciar este ano a miña andaina polo mundo do artigo periodístico  e ver cumprido o sono de ver cóma mesmo me publicaron  algúns  dentro da sección “cartas al Director” en distintos xornais galegos, como Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Voz de Galicia ,  El Correo Gallego, vou poñer a continuación tres  artígos publicados en lingua galega, porque a miña intención é presentarme a este IX Premio de Xornalismo Johán Carballeira organizado polo Concello de Bueu. Foron máis os artigos publicados, tanto en castelán coma en lingua galega, e mesmo outros que no veron a luz nos diarios. Todos estes artigos están no meu Blog; se tendes a oportunidade e paciencia podedes leelos. Por orden cronolóxico vou a escoller 3 artigos que son: “¿De volta á normalidade?”, publicado o día 12 de setembro de 2011 no Faro de Vigo; “Reencontro”, publicado en Atlántico Diario o día 2 de Octubro de 2011; e para rematar “Ninguén quere ser Presidente. Interpretación ceibe do mito de Sísifo”, publicado no Faro de Vigo o día 30 de Novembro de 2011. De estes 3 artigos somentes podo enviar un ao certamen. Agardo a vosa opinión. Graciñas pola vosa colaboración.
                                  ¿De volta á normalidade?

O mes de setembro lembrámolo cunha sensación de saudade e morriña. Deixamos atrás pouco a pouco o vran e camiñamos paseniño cara una nova estación. Este é o tópico que sempre nos quixeron vender, e abofé que resultou ata hoxe.
A partires de este vran os tópicos esnaquizáronse polo aire. Ós que como eu gústanos de expremer deica o límite a nosa  retranca galega, notamos que a xente non rí as grazas como antes e míranos con abafallo como decindo: “Este carallo, parece parvo”. O sol deste vran xa non quentou como sempre o fixo. Voltaron de novo ás nosas praias as neveiras e bocadillos, o balbordo dos rapaces, as picadas das abellas e fanecas inglesas. Quen se aburriu neste vran foi porque quixo. En definitiva, non foi un vran normal, nin coido que o sexa nunca máis. Xa me contaredes: a marusía interminable das caixas de aforros, que xa non voltarán a ser caixas nin tan siquera de aforros porque estes sinmpremente evaporáronse por arte de maxia; agora xa non nos permiten endebedarnos; nos din que hai que apretar o cinto nestes intres das vacas fracas porque engordamos ficticiamente nas vacas bolechas; as curmáns de risco (primas de riesgo en román paladino) e demais parentes impronunciables;  os ataques especulativos ás débedas soberanas; a deriva do Goberno socialista, si algunha vez existiu tal; os levantamentos dos estados islámicos reclamando máis liberdade; a visita do Papa; os indignados; as eleccións que xa petan na porta e ainda por enriba, as liortas domésticas nos concellos, deputacións, nos nosos barrios, na nosa propia comunidade de veciños, etc. Estafadores, corruptos, manipuladores; un que se vai  á República Dominicana , con premeditación, alevosía e nocturnidade; outro con síndrome postvacacional e outros laiándose en voz alta das súas innumerables doenzas, facéndonos partícipes das súas miserias. Isto é, como diría Franz Kafka, una metamorfose en toda regra.  Viramos según veña  o vento, non sabemos si para mal ou para pior. Nada volverá a ser normal, é coma se quixeramos convertir en normalidade o que nunca o foi. Nada é normal, nin  o foi na política, na economía, nin tan siquera nós. Deambulamos o vaivén dos mercados e contaxiados pola voráxine das noticias que como un martelo crabuñón fuchícanos os miolos con noticias repetitivas e negativas. E algún día, ¡por fin, de volta á normalidade!, como se esta fora boa. Eu dígovos que nunca existíu. É un feitizo para que sigamos consumindo a reo o que non temos, hipotecándonos para servir ós mesmos que nunca deixaron de engordar os seus puchos a costa das nosas ilusións.


¡Viva a utopía!. Como diría o noso conquistador Colón cando visitou por primeira vez Cuba: ¡Manda carallo na Habana!. Quén nos iba a decir a nós algún día que chegaríamos a este estado catatónico.

                             REENCONTRO 
 Non sei se a vosoutros os pasou algunha vez algo semellante, pero a mín, cando achégase o intre do reencontro veñen a miña memoria moitas lembranzas esquecidas no fol de cando eramos nenos. Quén de nós non experimentou alguna vez estas sensacións.
Veñenme  amoreados, as veces de xeito aturullados, pensamentos, imaxes dun tempo que ninguén pode recuperar xa  pero sí endexamais debemos esquecer.
Lémbrome  de aquel día na festa de Sannamedio ( un amigo meu rebautizouno como aquel Santo que está no medio) en Beluso (Bueu) nunha atracción de feira chamada  “os barquillos”, que subían e baixaban a unha velocidade endemoñada, cando o feirante do posto - menudo fillo de p…- díxonos ós meus primos e a min que iamos naquel invento do demo, que nos iba a enviar á lua, empurrando con unha forza sobrehumán aquel aparello. Eu, que non tería mais de sete anos pensei: ¡ Non carallo non, a lua non quero ir que está moi lonxe!. E ocurriu o inevitable. Chimpei de aquel xoguete infernal, con tan mala fortuna que a proa ou a popa ( dende aquel día teño dificultade para situar estes elementos fundamentais da embarcación) esnafrouse  coa miña fronte  deixando  para sempre a sinal imborrable dos vintecatro puntos de sutura que me practicou o médico.
De viaxe ás terras cálidas do sur  en procura da miña familia gaditana, e a mais de vinte mil pés  de altura, non deixo de imaxinar cómo será este reencontro despois de tantos anos . Sucede cando eramos cativos e agardabamos a chegada dos Reis Magos. Unha sensación de ledicia, desacougo e nervios percorren as nosas veas. É un momento máxico. Se cadra non será como nos esperabamos, pensamos en voz baixa. Dubidamos. As veces penso que ir na procura do teu pasado non é tan doado como parece. “Non deberíamos irrumpir de súpeto nas vidas cotidiáns dos demais, ainda que sexa a nosa propia familia….” Como acontece no verán, a brétema esvaese axiña. Temos que escoitar sempre ó noso corazón e ir na procura das nosas ilusións por moi lonxe que estean.



         NINGUÉN QUERE SER PRESIDENTE.INTERPRETACIÓN CEIBE  DO MITO DE SÍSIFO

Non me refiro precisamente a ser Presidente do País, Comunidade Autónoma ou dun club de fútbol. Aquí sí que hai candidatos dabondo. Refírome a ser Presidente da tua propia comunidade de veciños, se tes a desgraza  de vivir engaiolado nun piso. Nin Deus vaite salvar “dominus vobiscum”. Según sexa o sistema de elección estipulado nos estatutos ou na propia costume establecida nos acordos reflexados no libro de actas, si che toca tes que apandar co cargo “velis nolis”. Non o digo eu, o dí o artículo 13.2 da ley de propiedade horizontal. Así que resignación, porque durante todo un ano vas a ser  o branco de toda-las críticas. Fagas o que fagas sempre haberá motivos para botar abaixo as tuas tímidas ilusións. Agás que……sendo dono e tendo o teu piso alugado vivas  a 500 kilómetros de distancia,” exempli gratia”. Aquí podes ter una probabilidade. O que acontece si ti solicitas a renuncia no mes seguinte ao teu flamante nomeamento, eso sí, dirixíndote ao Xuiz, porque as cousas hai que facelas como Deus manda e sempre dentro da legalidade. Mediante un xuizo moi sinxelo en canto ao procedemento, que se chama “de equidade”, o Sr. Xuiz dirá a todo-los conveciños de esta nosa comunidade, quén raio vai a ser o incauto que, mal que lle pese, vai a levar o destino de tan pesada misión. Igualiño que aquel parvo chamado Sísifo que por mor dunha xenreira dos Deuses gregos de aquel entonces foi obrigado a levar una rocha coma un mundo ao cumio dunha montaña, para una vez arriba mirar abraiado cómo caía ladeira abaixo “ab absurdo”, lóxicamente polo efecto da gravidade, o que  ocorre que él daquela non o sabía. E para máis carallada este castigo divino era “in aeternum”. ¡Mira que hai que ser revirado para desexar a un home semellante tormento! Así que se vostede é nomeado presidente “gaudeamus”; lémbrense do coitado do Sísifo, e a pesar das ingratitudes que reciba como agasallo por parte dos seus conveciños o seu castigo somentes durará como moito un ano. “Pax vobiscum”.
***********************************************************************************

1 comentario:

Toñito dijo...

Eu coido que o primerio. Por certo hay un erro tipográfico; donde di ncon, a seguir da referencia a Kafka, deberia decir non.