día y hora

lunes, 5 de diciembre de 2011

Pablo, o dono do bar Zamora, o banqueiro de Mosende

O meu amigo Pablo, o dono do bar Zamora, o banqueiro de Mosende



El dí que non é de Mosende: “Eu nacín en Vigo, nesta gran urbe”, pero por mor de circunstancias que no veñen ó caso, ou sí según se mire, fun a parar a esa Vila situada no cu do mundo, ao sur de Porriño, a máis exactamente a catro kilómetros do centro”. Pero eu non me fio; como di o dito popular “non te fies nin dun Xudeu”, unha trapallada de frase coma outra calqueira. Isto ven á conto , e non é por aldraxar aos xudeus, xa coñecemos todos que este pobo bíblico e tamén os Ourensanos  se caracterizan por ser grandes emprendedores e millores comerciantes. Neste senso, o meu amigo Pablo o dono do bar Zamora na rúa do mesmo nome en Vigo (onde  disque naceu) é un pillabán de moito coidado .Acontece que dende fai algún tempo ten o seu bar que mesmo semella unha entidade de creto, ou sexa un Banco, por iso eu lle chamo Pablo o banqueiro de Mosende. Explícome: Xa sabedes cos  bancos procuran meter nos nosos miolos dende un fondo de inversión ata un xogo de tixolas, todo ao mesmo tempo. E iso é o que fai o noso amigo Pablo, tratando de copia-las técnicas de venda dos bancos, tamén podemos chamala como din os ingleses  “merchandising”, ten aos clientes últimamente moi trabucados e abafados con tanta oferta de productos. Porque, ademáis de poñerche un café ou un viño do país, poño por caso, ao mesmo tempo estache vendendo tanto unha folla de bacallau con langostinos, coma un xogo de axedrez, coma un lote de viños con tirarrollas, ou tamén ,xa que estamos a piques de entrar no Nadal, unas cestas cheiñas de productos propios do tempo en que estamos. No seu bar tamén pode un mesmo xogar a lotería primitiva, adiviñar o seu futuro, que tamén ten máquina para iso, ou navegar polo espacio virtual de internet , porque Pablo  ou tamén Pabliño(eu podo chamalo deste xeito cariñoso porque é o meu amigo) é ante todo un home preocupado polas novas tecnoloxías científicas. Eu xa lle dixen máis dunha vez: “Pabliño, isto en lugar dun bar mesmo semella que entramos no casino de  Las Vegas”; pero Él mírame e solta aquilo de :”ainda que eu vivo en Mosende, nacín en Vigo e son un home moderno e actualizado como poucos”. O que acontece é que con tanta oferta de productos e de servizos, un xa non sabe a qué xogar e con resignación decímoslle a Pablo, o dono do bar Zamora, o banqueiro de Mosende, ¡Veña, apúntame a todo!.

No hay comentarios: