día y hora

lunes, 23 de abril de 2012

HOMENAXE A JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA-JOHÁN CARBALLEIRA-, NO 75 CABODANO DA SÚA MORTE-Publicado no Faro de Vigo, 01-05-2012-

Lola López Villanueva e Guadalupe Vizoso Aldao

´Xosé Mª.Alvarez Cáccamo, poeta, adicando unhas sentidas palabras

Xosé Novas Piñeiro e Xosé Mª.Alvarez Cáccamo

HOMENAXE A JOSÉ GOMEZ DE LA CUEVA-JOHÁN CARBALLEIRA- NO  75 CABODANO DA SÚA MORTE 

Moito se ten dito nos eidos político, xurídico, periodístico e literario verbo dos acontecementos vividos e sofridos por homes e mulleres, fusilados, represaliados e desaparecidos na guerra civil española. As testemuñas desgarradoras de pais, nais, fillos, netos, familiares e amigos de todos aqueles que polo  feito de pensar de xeito diferente i exercer a súa liberdade de expresión foron afastados , cobran vida cada ano coma este que ven sendo a homenaxe non só a unha persoa en particular, senón a todas aquelas que foron subvertidas por un réximen  que con alevosía e premeditación tentou aniquilar a conciencia da xente de ben.

            Sirva estas palabras e o poema que deseguido direi para expresar o sentimento de gratitude en col de tódalas persoas que deron a súa vida para que nós tivésemos unha oportunidade de coñecer a democracia e a liberdade que son as nosas  señas de identidade  máis prezada. Escollo tamén uns párrafos de dous artigos periodísticos  meus, publicados en prensa:  “Xaque mate, Xuíz Garzón”, publicado no Faro de Vigo o 24-02-2012, e “Hai que ter memoria”, que veu a luz no Diario de Pontevedra o 2-03-2012. O Poema fai referencia á dramática despedida de Johán Carballeira nunhas breves liñas escritas no reverso da foto da súa noiva,  hora e cuarto antes de  ser fusilado.

“Hai que ter memoria” (Diario de Pontevedra, 02-03-2012)

……  Comprobamos  as facianas das persoas  represaliadas, desaparecidas ou mortas  e que son os verdadeiros  dramatis personae  e o vivo reflexo  de cidadáns con vidas tan cotiáns coma as nosas: Mestres, mariñeiros, alcaldes, amas de casa, etc, mulleres e homes que sufriron , horresco referens, o absurdo dunha contenda sen sentido. Sobre colleume especialmente o recordatorio escrito no reverso da foto dos fillos pequenos dun preso , que agardando a norte na cárcere díxolle aos seus a modo de artículo mortis: “Douvos un bico de despedida e o derradeiro adeus, sen poder estreitar os vosos corpiños contra o meu corazón”. O dito nestas palabras que levan a dor ferida na alma reflexa a sin razón dunha etapa da nosa historia que non debemos esquecer, porque como dixo Virxilio hai moito tempo :Vivit sub pectore vulnus, a ferida vive baixo o peito.



“Xaque mate, Xuíz Garzón”(Faro de Vigo, 24-02-2012)

…….A persecución destes delitos non é unha teima do xuíz Garzón, é un deber e un dereito de toda persoa de ben por coñecer, no caso dos miles de desaparecidos durante o franquismo, qué foi de todos aqueles que polas súas ideas políticas un día desapareceron para sempre, deixando orfos aos seus familiares e tamén a un país que viviu denque aquela no ostracismo político durante demasiado tempo.



POEMA

Ás sete da mañá haberá silencio contido na Vila,

a lúa deixará de brillar, mingua a noite e medra o día.

 O mar tinxido de morte cando sexa as sete da mañá,

asolagará as fragas, as conciencias mudas, e a miña vida.



Cando espertes comezará un novo día.

Soarán as campás ás sete da mañá,

será entón a nosa despedida, meu amor,

i eu pensarei en ti, e ti en min, en paz.












No hay comentarios: