.....Poeta do mar e dos camiños, buscando sempre o niño da inmortalidade……. (poema da canción do mesmo nome, Milucho).
día y hora
domingo, 22 de abril de 2012
"SOÑOS"
SOÑOS
Onte, despois do almorzo botei unha pequena
soneca no sofá. Mergullei no mundo de Morfeo na metade do telexornal das 3 do
serán. Foi breve, non máis de un chiscar de ollos, pero profundo. Ó contrario
do que acontece case sempre, lembreime de todo cando espertei.
En
vez de estar cos ollos pechados, semella que vivín unha morea de sensacións
telúricas e cósmicas. Ao redor de min amósanse seres mitolóxicos: reis e
raíñas, trasnos e unicornios, anxos e fadas. I eu no medio daquela fraga
paradisíaca andaba espido coma Adán no paraíso. Formaba parte do mundo da
fantasía, non tendo máis preocupación que embolecar de cando en vez coa pola dun ameneiro ou carballo.
A
inocencia compartida naquel mundo mitolóxico onde non existían normas escritas
senon consuetudinarias provocaba nos seus habitantes un estado de ledicia
universal. As treboadas e marusías ficaban fóra, e non afectaban a temperatura
morna que dentro facía medrar, amodiño, as árbores, plantas e flores. Non
existían conflitos nin liortas serias; as pequenas diferenzas resolvíanse polo
eido do diálogo e o entendemento. A Xustiza era popular e humana,perdón
fantástica.
Naquela
soneca tamén lembreime da poesía Machadiana e Lorquiana; da miña nenez, das
ilusións esnaquizadas polas obrigas e polo paso do tempo; da teoría dos átomos
de Demócrito e dos catro elementos da natureza de Empédocles.
Entón
espertei e volvín ó mundo real, e dixen polo baixo: “Deixade que disfrute do meu espazo de liberdade, un pouco máis”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario