día y hora

lunes, 29 de octubre de 2012

CABO UDRA E ACTIVIDADE CINEXÉTICA-publicado no Faro de Vigo, 11-11-2012

CABO UDRA E ACTIVIDADE CINEXÉTICA

Os que queiran visitar na tempada de caza (do 21 de outono ata o 6 de xaneiro) o espazo natural protexido tan senlleiro e fermoso da Península do Morrazo como é Cabo Udra, integrado no Parque Europeo da Rede Natura 2000, deberían facerse, unha vez rematado o percorrido, a seguinte pregunta:
 
É doado establecer para este espazo natural unha liña divisoria de seguridade e tanxible entre a actividade de caza permitida, como terreo cinexéticamente ordenado (Tecor), coa presenza visible e próxima, moitas veces, de persoas que levan escopetas e que de cando en vez disparan perdigóns, e as doutras que o que queren é disfrutar da paisaxe e pasear tranquilamente ou facer deporte?
 
Non vale que me digan, sen mais, que só fai falla utilizar o sentido común, porque algúns, definitivamente, non o teñen.
 

No hay comentarios: