día y hora

jueves, 1 de noviembre de 2012

AMIZADE-publicada en El Correo Gallego,7-11-2012


AMIZADE

 

A Amizade verdadeira ten que ser sincera e incondicional, debe guiar sempre as nosas vidas e temos a obriga de procurala e agarimala con paixón, rexeitando aquela que por interesada ou revirada non fai outra cousa que anublar os nosos sentimentos levándonos moitas veces por vieiros certamente desconcertantes. Non é doado, pero temos que intentalo unha e outra vez.

Moitas veces somos nós mesmos os que poñemos unha árbore no camiño, un empezo que non nos deixa ver a fraga e o vieiro, sementando desconcerto e desacougo aos nosos, e que non ven a ser outra que o froito dos propios receos.

E outras idealizamos esa enganosa amizade elevándoa á unha categoría superior, envorcando nela as nosas propias fallas sen ter en conta que os deuses só existen na mitoloxía.

 

 

 

No hay comentarios: