Seica os Mayas tiñan un calendario onde, hai moitos anos xa, dicía que o vindeiro venres, 21 de decembro do 2012, rematábase o mundo. Por iso, se non vindes ata Beluso, ás nove da noite, na Casa do Pobo, non seredes quen de comprobalo.
A Asociación de veciños "O Progreso de Beluso" ten preparada para esta data tan sinalada unha festa rachada, principiando pola presentación do meu libro.
Entón: Qué mellor que despedir este mundo.....lendo este meu libro tan fecundo!
Estades tod@s convidados. Unha aperta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario