día y hora

domingo, 23 de diciembre de 2012

GRACIAS A TODAS E A TODOS POR FACER REALIDADE UN SOÑO


Aproveito para desexar un Bo Nadal a tod@s e ao mesmo tempo dicirvos que "sen a miña familia e amig@s, que son a faísca que fai prender o lume da miña imaxinación", non sería posible que o meu libro "mis cartas al Director" vira a luz.
Foron máis de cen artigos periodísticos publicados nos periódicos, outros tantos están contidos no meu blog e moitos máis permanecerán pechados para sempre na miña mente e na miña lembranza porque "un tamén ten dereito ós segredos dos seus pecados".
Asino para todos vós este libro con todo o meu afecto.

Ademais, tamén dou tempo para escribir un conto "O bardo da illa de Aunios"; un pequeno poemario, "Vagantío", e por último, estou principiando unha novela curta, "Sinfonía inacabada". Coido que é dabondo por este ano.

Remato cun pequeno poema, aquel tan sentido que lle adicaron nun petroglifo os habitantes da illa de Aunios ao vello Bardo Morlinguer hai perto de mil cincocentos anos, agradecéndolle a súa amizade sincera e verdadeira,


"No luscofusco dos tempos,
máis aló do anel de brétema,
chegou a Aunios Morlinguer,
o vello bardo e poeta.

A súa voz aínda se escoita
cando funga o vento Aquilón,
dende Ériu ata Gallaeci
e dende Galwing ata Bargon"

Xarope de Uva
 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non teñho perdón de Deus Milucho, pero antes de que remate o ano Quedará feito e exposto os videos e fotos da firma do teu libro...

Poldi
Mea culpa