HABEMUS QUITA
Que me quitan o qué?
Se non fora porque os
que sofren dende hai tempo o corralito das preferentes e subordinadas non están
para moitas lerias poderiase facer mesmo un artigo ben xeitoso. Pero non, as
sospeitas e o runrún convertíronse definitivamente en traxedia para moitas
familias dende que o FROB comunicara, coma o fai o cardenal protodiácomo na
elección do novo Pontífice, os recortes ou descontos, coma adoitan dicir eufemísticamente,
para aqueles aforradores que tiveron a feliz idea no seu día de subscribir participacions
preferentes e subordinadas, estas últimas sexan perpetuas ou con vencemento, e
que van a perder o seu capital entre o 43 e o 41% (clientes de NGB). Ata algún
coitado dirá aquelo de: menos é nada!
Digo eu: se
a un lle quitan os seus cartos, a quén llos van a dar? Agás que nos queiran
facer crer que os aforros de toda unha vida de Pepe, o irmán de Berta,
esvaéronse coma a brétema no verán.
Todos
podemos, de cando en vez, cometer algún erro ca outro, e polo tanto romper un e
ata dous pratos, pero o que acontece neste asunto –o das preferentes e
subordinadas- e que alguén ou algúns esnaquizaron
o enxoval e a vaixela enteiriña herdada con tanto agarimo dos nosos avós, con
tazas de café de Santa Clara incluidas. Algúns políticos, economistas e
financieiros, para quentar aínda máis o inferno, seguen a pensar que a culpa é
dos propios aforradores que, seica, parvearon cos xuros astronómicos que ían
apañar namentras os outros pecaban teimudamente contra o décimo mandamento do
noso Señor.
E agora qué?
No hay comentarios:
Publicar un comentario