día y hora

martes, 29 de mayo de 2012

O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"- SANAMEDIO, BELUSO-


O día 17 de maio pasado houbo en Sanamedio, Beluso(Bueu) ,unha romaría co gallo da celebración do día das Letras Galegas, que este ano coma xa sabedes adícase a Valentín Paz-Andrade. O tempo que ameazaba chuvia respetounos. Despois ao serán, caíu unha de medo. Organizado pola asociación de mozos e mozas de Beluso pasamos uns intros moi agradables na compaña dos veciños desta fermosa parroquia de Bueu, onde nós temos a nosa casa. Non houbo moita xente, pero os que estabamos alí poidemos disfrutar dá música e bailes da banda de gaiteiros, e tamén aproveitamos para xantar. Ata había un posto chegado expresamente dende Carballiño onde poidemos degustar o noso prezado cefalópodo: o polbo(a verdade non sei se era da ría ou non), pero abofé que esta saboroso. Ademais pillamos un pouco de empanada de bacallau e por suposto uns pinchos de tortilla de patacas, acompañado todo esto dunha fecha de viño tinto do país. Ao final, de camiño á nosa casa fixemos unhas fotos.
ermida de Sanamedio, Beluso

coa Ría de Aldán ao fondo


No hay comentarios: