día y hora

martes, 29 de mayo de 2012

Premios de Poesía e Xornalismo "Johan Carballeira"

entrega de premios Johan Carballeira
O pasado sábado día 26 de maio ás 12 da mañá tivo lugar na sala de cultura Amalia González e organizado un ano máis polo Concello de Bueu coa colaboración da Asociación Amigos de Johan Carballeira, a entrega dos premios de Poesía e de Xornalismo "Johan Carballeira".
Na foto á esquerda,  en primeiro lugar, Berta Dávila, a premiada no apartado de Poesía co seu poema "Raíz da Fenda". Certamente un poema ben fermoso. A continuación o Alcalde de Bueu, despois o presidente da asociación Amigos de Johan Carballeira, e a continuación Marta Lemos Jorge, gañadora este ano no capítulo de Xornalismo con un artigo publicado no Faro de Vigo que fai referencia ao conflito habido nos anos trinta e mesmo coa chegada da 2ª República entre os colonos da illa de Ons e o último propietario que foi Didio Riobó. Johán Carballeira, que foi alcalde de Bueu na República, e tamén xornalista e poeta, fixo daquela unha serie de reportaxes e entrevistas e que nos axudan hoxe a coñecer millor aquel capítulo da vida da Illa. Meus parabéns ás premiadas.

           Despois Xan Carballa, biógrafo de Valentín Paz-Andrade a quen este ano lémbrase co gallo do Día das Letras galegas, fixo con audio e video incluidos un repaso á figura de esta persoa que foi político, poeta, xornalista e empresario vencellado principalmente ao sector pesqueiro.Tamén foi o biógrafo de Castelao coa súa obra "Castelao na luz e na sombra"

No hay comentarios: