día y hora

lunes, 3 de septiembre de 2012

NON HAI TEMPO- Poesía

NON HAI TEMPO
 
 
Tragouno a terra.
Esvaeuse fuxidío da telúrica sombra que o acubillaba.
 
Non preguntou a ninguén ónde atopar a luz
da súa agónica presenza.
 
Contempla a túa cara no espello: Qué ves?.......;
se cadra, un espellismo reflectido nunha parede de cemento?
Quizais a pegada indeleble da túa fantasía, dos teus quebrantados proxectos?
 
Sinto, agora xa non tes tempo
para lembrar o que fuches hai tanto tempo;
o que puido ser e non foi; non pretendo
ser o teu oráculo de Delfos,
nin o cicerone que che amose o camiño poeirento,
nin moito menos o álter ego dos teus pensamentos.
 
Direicho sen reproches e sen arrodeos: O teu tempo esgótase;
o tempo de pensar, de acordar, de escoitar, de non dicires nada,
de medrar, de abarcar
que o camiño detense e a túa figura esvaécese pescudando as túas pegadas
aínda frescas e latentes
do teu tempo consumido.

No hay comentarios: